Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

smart

Unha das cousas que máis me chaman a atención deste traballo de Lauren Jordan & las malas compañías (e falo da suma dos tres discos como traballo único) son os números… Si, pode ser raro resumir en números algo tan intanxible e tan dependente de gustos personais como a música, pero vou a inténtalo…

Imaxinade un bebé que naceu a vez que Lauren iniciaba a andaina de “Nunca despiertes”, o primeiro volumen da triloxía, pois ben ese neno xa arrincou a andar e a falar fai tempo, xa rematou a escola infantil e no pasado setembro iniciou a primaria… 6 anos, 72 meses, 2190 días (creo que dous máis polo bisiestos)… Nese tempo rexistráronse casi 60 cancións grabadas por máis de 100 músicos chegados dende todolos puntos de España. Un esforzó titánico difícilmente igualable na historia futura do noso rock.

“La senda de los justos” pecha a triloxía continuando fiel aos parámetros dos seus dos irmáns maiores: rock clásico, rockabilly, country, western e surf buscando sempre esa influencia dos ritmos hispanoamericanos que serviu de liña argumental aos tres cedés.

O son, a producción, os arranxos son, una vez máis, impeclables, dirixidos sempre por un Lauren Jordan que é tamén o autor da maioría das cancións (todas neste tercer volumen levan a súa sinatura e tan solo tres non son súas na suma total da obra completa).

A guinda a este pastel será un documental que se atopa nestes intres en proceso de montaxe que a bon seguro nos contará a intra historia de toda esta tolemia que ocupou a Lauren durante os últimos seis anos.

Longa vida o rock and roll!

Ricky Rodríguez.

https://www.facebook.com/ricky.rodriguez.106