• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Marabillosa autobiografía dun dos mellores compositores que deu EE.UU. Brian Wilson foi un home que conseguiu manter a inxenuidade, a bondade e a ledicia do neno que foi, pra espremer todo o que a vida ten de bo e logo rexistralo na súa música.
A pesares de todos os abusos dos que foi vítima ao longo da súa vida, na escrita non se atopa remorso ou rancor cara a ninguén. Faise raro que non babálleo contra ningún. Nen sequera contra o seu colérico pai, cuxa violencia física e mental é lendaria; ou ao obtuso do seu curmán, Mike Love, que asina coma coautor de moitos dos seus éxitos, só por meter algún verso ou un “dubi dubidú” ao remate da canción; ou o seu psiquiatra, Eugene Landy, que o desplumo literalmente durante anos. Brian é condescendente con todos.
Compositor inspiradísimo, cantante e instrumentista excepcional, produtor visionario e orixinal, Brian Wilson é unha icona que debería estar —e estará— no Olimpo da música do século XX xunto aos Beatles, Neil Young, Paul Simon e Bob Dylan.
Bendito sexas, Brian.
Resención por Pepe Chas AKA PP KAS.