• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


JULIO CORTÁZAR A FONDO – 20 de marzal de 1977 – B/N – 121 minutos

Iste programa foi gravado en 1977. Durante catorce anos Cortázar escribe “Rayuela” (1963), unha das novelas máis significativas do autor e paradigma do “boom”, sobor o que pensa: «responde ao azar, eu non creo que corresponda a unha manobra editorial, os editores seguían, non nos inventaron, viñeron despois».
O último libro que publicou é “Octaedro”, do que está moi satisfeito: «a terra da historia é a terra da miña obra», e analiza con lucidez o anterior, «El libro de Manuel» (1973), seguramente. o seu libro máis comprometido politicamente: «… está mal escrito, como un encargo de mí mismo…».

Múltipels temas istán ligados ao longo de máis de dúas horas -é a entrevista máis extensa desta colección-, tanto de carácter persoal: “Teño moi mal gosto en canto a sentimentos, son doadamente sentimental”, coma do seu proceso de creación: ” Atopei que me movía naturalmente no fantástico. A miña realidade é unha realidade na que o fantástico e o real se cruzan a tódolos días».
Julio Cortázar vivía na Franza daquela, nunha modesta casiña do campo, sen teléfono: “as cousas coma a consagración universal son me profundamente indiferentes”.

PRESENTACIÓN de JOAQUÍN SOLER SERRANO – 2001 – Cor – 3 minutos
No ano 2001 Gonzalo Herralde realizou con Joaquín Soler Serrano varias presentacións dos programas A FONDO, na que sería a súa derradeira comparecencia profesional ante as cámaras.
Neste caso trátase de A FONDO con JULIO CORTÁZAR de 1977.
A produción realizouse grazas á colaboura con RTVE pra as Canles Temáticas Internacionais, dirixida por JAVIER MARTÍN DOMINGUEZ.

(Foto cabeceira cortesía de https://www.escribir.me/)