• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


A Pousada das Ánimas
10 de Xuño ás 21.00 horas

Un total de 22 artistas estarán na inauguración da estatua a Narf que terá lugar o śabado as 21.00 nas inmediacións da Pousada das Ánimas.

Polo escenario #Narf pasarán músicos dende mozambique como

Cheny Wa Gune, PortugalJoao Gentil e Sergio Tannus ou Andalucía como o músico Antonio Lizana.

Dentro do panorama musical galego contsí como artistas do panorama musical galego que estarán presentes para recordar a este trovador musical:  Uxía Dominguez, Brais Morán, Martos Teira, Pepe Bao, Guillermo Cides, Najla Shami, Héctor Lorenzo, Santi Araújo, Aida Saco, Guadi Galego, Barahúnda, Grupo Chévere con Miguel de Lira, Nastasia Zürcher, Narci Rodriguez, Mr Cool e Xoan Curiel.

O festival a Narf comezará as 21.00 horas coa inaguración da estatua que se situará ao carón da do maestro Javier Krahe e posteriormente 3 horas de música para recordar ao preciado músico. O colofón do evento será no interior da Pousada das Ánimas cunha Jam Sesion.

Trátase dun evento que será sufragado 100 %  polo público coa colaboración do Concello de Boiro, o cal ten un custe de 20.000 €. A financiación do mesmo será gracias aos tres tipos de entradas que se ofrecen aos asistentes: Asistencia á homenaxe 10,00 €, Entrada á Jam Session a partir das 00.00 15,00 € e Fila 0 (aportacións para contribuir á financiación do evento.

Entradas dipoñibles en A Reixa Tenda (Santiago), Carnaby Tienda (Pontevedra), Baldani Concept Store e a Pousada das Ánimas  (Boiro)-

Dende a Pousada das Ánimas animan a todxs a participar  neste evento homenaxe epoñer en valor a cultura musical e os valores que nos deixou Fran Pérez Narf.

Entradas online