As palabras fican mudas
As lembranzas agromán como traiolos
Como descargas eléctricas de infindos luméns
Como bálsamo reparador para dixerir un prato
ácedo, amargo, enchoupado de tristura
Mais o seu cosmos é agarimo fraterno e imperecedoiro
xenerosidade que flue constante, caudal abondoso
patrimonio indestructíbel
forza 8 de gargallada
Corazón que nunca deixará de bater
nunha singradura imparábel!
Ficas sempre, sempre con nós Peter!
