• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 13/12/2015 - 14/12/2015
Hora: 20:00 - 0:30



[domingo 13 de decembro, 20:00]

ATURUXO (BUEU)

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Vai xa para nove anos que Radio Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.

Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.

Entradas adiantadas á venda en Entradium (sen gastos de xestión)

Lugar: ATURUXO
Ciudad: BUEU

Carga Mapa....