• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 12/12/2015 - 13/12/2015
Hora: 21:30 - 0:30



[sábado 12 de decembro, 21:30]

ATURUXO (BUEU)

Zënzar

A banda de Cerceda, hoxe a decana das bandas do país, segue presentando o seu novo traballo de estudio, o décimo en total e que saiu en abril 2015, acompañados de Xosé M. Ares á gaita, e Xenderal á voz e beat box, colaboracións reflectidas no novo disco e xa consolidadas nos directos. Tamén colaboraron: Vituco Neira á voz , Miguel Duarte á guitarra, e Xan ao saxo, os tres membros de Ruxe Ruxe. Once temas potentes, cun son á altura da traxectoria do grupo co-producidos con Javier Abreu, coma sempre.

Un disco titulado ‘Camiñando entre serpes’ (sacado dunha letra cedida por Vituco Neira e musicada pola banda). Simboliza unha época escura para a sociedade na que aquelas personas que gobernan o mundo fano só para as grandes trasnacionais, de aí tamén que esteticamente o disco sea ‘escuro’, predominando o branco e negro (un personal traballo fotográfico do gran Juan L. Rúa, gran fotógrafo e amigo, coma toda a xente involucrada nos discos de Zênzar).

Despois de dedicar boa parte do ano 2014 a compoñer os temas buscaron un son máis cercano aos directos e gravando todos ao vivo no estudio Escola da Rúa en Carballo, na casa e con Manolo Dourado como asistente.

Despois de presentar a finais de outubro o video clip ‘Cortina’ como adianto do novo traballo, con texto de Xosé M. Díaz Castro, poeta homenaxeado polas letras galegas do 2014. O vídeo foi seleccionado polo Festival da Luz de Bogotá (Colombia).

A banda segue con máis forza ca nunca despois de recibir no 2013 unha homenaxe de 18 bandas galegas nun disco titulado, ‘Vai polos padriños, tributo aos 25 anos de Zënzar’, un disco no que se poden escoitar 19 pezas reinterpretadas por 18 grupos galegos. Entre eles Ruxe Ruxe, Dios Ke Te Crew, Machina, Os Tres Trebóns, Invivo, Som Do Galpom, Raiba, K-Raxe, Compañía do Ruido…

Longo camiño o percorrido pola banda de Cerceda dende o primeiro concerto no Disco Bar Non Sei, alá por decembro do 1988, un antigo salón de baile reconvertido a sala. A xuventude estaba famenta de rock!!!

Video clips:

Ruxe Ruxe

Falar de Ruxe-Ruxe non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama rock galego que soubo gañarse a pulso o respecto e o cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1996 no que naceu esta formación que leva resistindo o paso do tempo e superándose día a día.

Con case vinte anos as súas costas, Ruxe-Ruxe preséntanos a súa décima achega discográfica: ‘Un Mundo Perfecto’ (Lobicán Records 2015). 14 novos temas nos que reflicten a súa personalidade nunha viaxe a un universo sonoro de cor e soños onde as súas reivindicativas letras nos falan da amizade, do amor, da vida ou mesmo as loitas persoais, sempre en clave optimista e desenfadada.

Gravado e misturado por Iago Pico nos Estudios Pousada Son de Ames (A Coruña) durante o pasado Nadal e producido por eles mesmos ‘Un Mundo Perfecto’ é probablemente o seu traballo máis maduro e no que acadan o seu cume de calidade artística, un disco que soa a grupo que sabe o que quere despois de dúas décadasde bagaxe musical.

Formados por Xan (saxo e coros), Miguel Duarte (guitarra e coros), Carlos Freire (baixo), Xaco Barona (gaitas), Alex Sevilla (batería), e Vituco Neira (guitarra e voz), Ruxe-Ruxe é un grupo afastado das modas e que continúa a marcar o seu camiño, sempre dende a liberdade punkeira e o respecto pola cultura e idioma galego, o que faideles unha das bandas máis senlleiras e de maior proxección do rock galego.

‘Un Mundo Perfecto’ está a ser distribuído en Galicia por Inquedanzas Sonoras e por Discmedi no resto da xeografía española, ademáis de estar dispoñible nas distintas plataformas dixitais.


Foto: Juan Luis Rúa

Entradas anticipadas á venda no Aturuxo e mais en http://rx.ruxeruxe.com

Lugar: ATURUXO
Ciudad: BUEU

Loading Map....