Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Eiquí istá “DARK & LIGHT” nas plataformas dixitais, Spotify e Bandcamp!!!

Amólame darme autobombo mais dous millóns de canzóns que se soben a cada paso día pois, alguhén ten que facelo e se existe SOLOFOLAR é pola minha paixón e amore á música, paixón que sempre amosei musicalmente nos diversos treitos da minha vida.
@emesx2021 é, sen dúbida, o proxeto do que síntome máis garboso. Eu som o responsábel de o bo é o malo… As canzóns forxáronse a lume vagoroso, moi paseninho, ao ritmo da minha aprendizaxe nistes novos “caminhos”. Foi moita a xente da que aprendín e ensináronme pra facer realidade“DARK & LIGHT”

Saqueino da chambra, á antiga, nada de douscentos sinxelos de adianto que xa non deixan á imaxinación o que garda o traballo en si…bo, na realidade deixei esboroarse canzóns, mais a promo nas redes sociais non é o meu, dáme de máis preguiza.
Vivimos na sazón da fast food musical, xa non escoitamos música coma denantes, mais aínda fican románticos
EME-SX pouco ou nada ten que ver coas minhas bandas precedentes, iso non quere dicir que non haxa algo de todas ilas nisto… A aprendizaxe mantense tódala vida e, tódolo vivido sempre o tiven moi presente á hora de traballar no proxecto.

 

Quero agradecer de corazón porque sen il@s non existiría DARK & LIGHT (ao menos dista maneira) as marabillosas voces de @allovamusic
@hacheugehache e Car de @mentahband ...LUXAZO!!!
Os conhecementos, arranxos, misturas etc etc… de @lefrenkofficial@davidkarro, de feito, sen iles EME-SX non existiría.
Os arranxos de @adribouzaa co que todo semella doado cando se pon a tocar.
O desenho do logo EME-SX grazas a @manelcraneo , outro luxo contar cun dos máis importantes debuxantes diste pais.
E, por suposto, a José Púlsar, que non ten redes nin movidas distas, mais é outra das persoas que sempre empurraron dende as ideas primixenias diste proxeto.
Grazas a @empuje74 @incultura_net @galiciantunes que sen pedir absolutamente NADA foron os primeiros medios en apoiar EME-SX…GRAZAS!!!!
E grazas a tod@s os que xa cachasteis o casete…
Agradécese COMPARTIR!!!

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.

 

 

BANDCAMP.

PREME NA LIGAZOM.

https://eme-sx.bandcamp.com/album/dark-light

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.
2.
EME-SX 04:18
3.
4.
CONNECTION 03:47
5.
6.
7.
8.
9.
THE BLAZE 04:20
10.
EME-SX GA, Spain

EME-SX is a synthwave & darkwave project from Galicia-Spain.