Pois vivimos xa a III Marcha Cívica pola Casa Cornide. Non foi un evento calquera (nunca o é un acto co grande Xurxo Souto como mestre de cerimonias). Gaitas, visitas dese o alén (Carmen Polo e o mesmísimo ditador Franco, magnificamente interpretados por @is_a_bell_risco _), fermosos textos literarios e un apelo claro do pobo da Coruña lido con emoción por Antón Luaces: que nos devolvan o roubado!
A Marcha faise tres anos despois de o Pleno do Concello reclamar, a instancias do BNG a interposición da demanda para lograr a recuperación da Casa Cornide. Tres anos sen que o Goberno Local movese un dedo para dar cumprimento a ese mandato.
Tampouco cumpriu cos seus deberes a Xunta, denuncian @jorqueracaselas e @mercedesqueixaszas, pois aínda non concluíu o expediente de declaración da casa como BIC, o que lle dificultaría aos Franco a súa venda, nin se ten establecido un réxime de visitas para o público.