Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Acabo de rematar o novo libro de Inma Lopez Silva e quédome pensando na necesidade tan grande de textos coma este. E eu, que tamén tiven un avó mestre que pasou sen chata o expediente de depuración, pregúntome como é posible que non fixese aínda o que Inma fixo, a historia familiar dos non heroes, dos que non poden ser santificados e que porén, tampouco foron fascistas. Precisamos contar os claroescuros dos que calaron, dos “camisas salvavidas” e os seus pequenos xestos de bondade, das contradiccións, da covardía sensata e das encrucilladas que obrigaron a optar, decisións revisitadas unha e outra vez por esa xeración que cargou co peso da culpa ata ao final. Facha é un termo demasiado simplista, si. Cómpre volver a contar a historia do cardume de posguerra con máis tino, como o fai este libro.