• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Miguel Valiña.
Non son moito de discursos mais isto si me gostaría que se lese ata o remate.
A fin de semana do 18 e 19 de Novembro terá lugar o groso das atividades da 2ª Edición de @diskedisco que arrincaba cunha parola co mesmísimo Fermín Muguruza á mantenta da edición do cómic “Black Is Beltza 2” en galego, grazas a @demo_editorial
A vindeira fin de semana unha ducia de selos independentes galegos danse cita na Fundación Luís Seoane. Nun mundo dominado polo dixital, tentan tamén sacar adiante no “mundo real” (si, ise esquecido) iniciativas, proxectos, marabillas que tristemente adoitan pasar desapercibidas.
Selos que poñen cor a unha escena morea de monocromática.
Dende a asociación @distantsoundsmusic, coa que @solofolar está moi vinculada, e por puro amore á arte, queremos apoiar na medida que podamos isa escena “alternativa”.
Moitos choraban en pandemia que non había nada, que había que apoiar iniciativas e bandas que o pasaron mal neses anos…que había que apoiar a escena local…que había…
Esquecemos rápido e ante unha morea de oferta (que a hai!!! E moita repetitiva…) creo que apoiar a ises pequenos selos, proxectos, labels, discográficas é máis importante que nunca e dende eiquí convidámosvos a acudir o 18 de Novembro a a @sala_mardi_gras_a_coruna porque @sandfordmusicfactory darán un bolazo e será o derradeiro deste 2022 antes de presentar o seu novo disco, o 19 estaremos en a @fundacionluisseoane, alí haberá casetas, sesións Dj e showcases a cargo dos selos. E pra rematar a festa irémonos a o @patachimgz
Sen apenas apoios, máis aló da propia Fundación Luís Seoane e da Deputación da Coruña, unha equipa de tan só catro acodes traballamos por paixón pola música e pasamos á acción, apostando por algo que cremos merece a pena.
Grazas.
A:
 por estar aí e por facer que “outra” escena galega sexa posibel.
vindeiramente máis info!!!
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)
A.C REPUBLICA MUSICAL MARDI GRAS.
Axúdanos a que se entere todo o mundillo da música local!!
Un día para compartir, vender a túa música, e no marabilloso Garufa Club
Podes apuntarte directamente neste formulario