Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

I Edición #vigopsychfest .
Stoner, Hard Rock retros, Psychedelic Rock, Power Rock trío. Estamos ante a primeira edición dun Fest que non é de cotío na escena viguesa mais que de seguro non se iterara. Bandas galegas, portuguesas e inglesas formarán os anacos desta primeira edición que se celebrará o 29 e 30 de setembro no Pub Transylvania Vigo.
Tiquetes adiantados no Ticketrona ou na porta o mesmo día, agas tiqets esgotados. Pra q isto non aconteza reserva enviando un privado.
Fica moito e non fica moitooo!!!

VIGOPSYCHFEST.
SALA TRANSYLVANIA (VIGO).
Rúa Rogelio Abalde nº16, Vigo, Galiza.
Kay Elisabeth é unha artista fincada en Londres cunha ampla traxectoria no panorama musical londinense, os seus concertos electro-acústicos en soidade transpórtannos por medio de acordes misteriosos e escritas poderosas, cunha voz chea de soul e virtuosismo, ao través dunha paisaxe sonora de claroescuros, postas de sol, amores e odios, lembranzas e degoros.
Unha música que brila e desfechase paso a través da néboa e a escuridade da nosa solitaria condición humana.
O mellor xeito de conhecer o que vai acontecer no Vigo Psych Fest é ista muller: Kate Elisabeth cun vozarrón grave, potente, super roqueiro e toca a guitarra brutal. Desfechara unha cadea de concertos que son os petiscos ao festival de setembro.
Kate é americana, fincada en Londres e quizais pra m@it@s conhecida por ser unha das vocalistas de THE DUSTAPHONICS anos atrás. Lembra que pasaron pola Sala Son. (Manuel Parada Medrano)
Recoméndovos que non deixedes de vela en soitario e por suposto no VigoPsychfest con toda a súa banda Black Orchids
Istas son algunhas das datas deste vrao:
13 xullo…….. Bonus Track en Vigo
14 Xullo…… Burla Negra Bueu
15 Xullo….. Revolver Vigo
16 de Xullo dúas sesións: 13 horas en Cervexaría Beltane en Lalín e 21.30 en Arume-Compostela
Non te esquezas de apontarte a algún birlo. Merecerá a pena seguro!