Mércores : 9 NOVEMBRO
Volven as sesións de Teatro-Impro ás noites coruñesas!!
Coordina Oswaldo Digón.
Apertura de portas 21h, comezo a partires de 21:30h. Entradas (só venda en despacho de billetes) 10€…inclúen unha consumición mínima (Auga, Cervexa, Refresco ou similar)
SAVOY CLUB B.B. en #GarufaClub.
Apertura de portas 22h. Concerto a partires de 22:30h. Entrada 15€ + 8€ consumo mínimo.
As entradas só están a venda na billeteira. Uhna noite pra desfrutar ao estilo da época dourada das grandes Orquestas latinas….(Xabier Cugat, Tito Rodríguez, Machito, Pérez Prado…etc), con una formación de auténtico luxo.
The Sadies + Kacy & Clayton en A Coruña | SON Estrella Galicia
The Sadies é un cuarteto canadense, liderado polos irmáns Dállas e Travis Good, que leva desde 1998, cando o seu desembarco e debut nas filas do selo de Chicago Bloodshot, insuflando elegancia a un legado que remite aos seus paisanos The Band, con esa sensación de montaña mística que aqueles transmitían, coma se estes fosen unha reencarnación súa lista para os envites do século XXI. A música de The Sadies, híbrido de garage, psicodelia, rockabilly, surf e bluegrass, non entende de reciclaxes. É flexible e versátil por fóra, callada por dentro. Serviulles para situarse entre os favoritos dos seguidores do rock de bota con tacón cubano e de gravata fina, pero tamén para converterse na banda de acompañamento por excelencia do country alternativo e arredores: deron cobertura a nomes como Neko Case, Jon Spencer, Jon Langford, Andre Williams e John Doe, tanto en estudo como no escenario, sobre o que son estelares. Precisamente con Doe facturaron “Country Club” (2009), disco de versións do xénero vaqueiro. Logo sacaron “Darker Circles” (2010), especie de continuación de “New Seasons” (2007): non en balde en ambos colaborou na produción e composición Gary Louris, de The Jayhawks, quen achegou ao son uns apliques de frescura e profundidade que ían de Johnny Cash a The Shadows e de aí ás músicas pre-Beatles que coagularon no rock’n’roll. A finais de 2013 publicaron, “Internal Sounds” (Yep Roc), seguido pouco despois, en abril de 2014, por un álbum asinado a medias con Gordon Downie (The Tragically Hip). En febreiro de 2017 viu a luz “Northern Passages”, que gravaron no inverno de 2015 no soto da casa paterna dos irmáns Good. See less