Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

ENTRADA CEIVE.

Pódese achegar un donativo que destinhado enteiro pra a Cociña Económica

CUAC FM celebra o seu XXV Concurso de Bandas e Solistas e un ano máis viviremos a Batalla de Bandas onde se entrega o primeiro e o segundo premio (1000 e 900 euros). Pódese acceder á sala en calquera momento, iso si, pra escoitar ás bandas, non pra parolar.

Nesta ocasión som unha banda de Carballo e outra de Murcia. Presentámoschas. Lembra que a entrada é ceive, mais que podes deixar o donativo que devezas A Cociña Económica.

Apart é un grupo galego que se definen coma unha banda de rock influenciada polos sons dos 70 e caracterízanse por incorporar sutís detalles de soul e disco nas súas cancións. Cunha visión atual, modernizan un estilo baseado en riffs de guitarra e melodías vocais que colan, facendo vibrar ao público dende os primeiros minutos do show.

Volve Abril é unha banda de Murcia que coas súas primeiras cancións chamaron a atención do xurado de CUAC FM. Definen a súa música coma pop sen encaixala nunha categoría concreta dentro dese xénero tan amplo. O mellor é escoitalos e gozar do seu directo.

(Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.)

Apart – We Want It All