Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

3 de xaneiro de 1969. Cando a BBC puxo a Jimi Hendrix na táboa negrh@. O temperamento do músico tamén sería protagonista de pandengas anédotas. The Jimi Hendrix Experience, participou dun especial de televisión da cadea BBC, cuxa apresentadora era a cantante Lulu, unha espécie de Miley Cyrus da época que, amais, casara con Maurice Gibb, un dos Bee Gees. A banda tinha programado tocar dúas cancións ao vivo: “Voodoo Child” e “Hey Joe”; porén a cantante, que tinha sona de fachendosa e noxenta, anunciou que se faria un terceiro tema na súa companha: unha versión dunha balada pop chamada “To Sir With Love”.

Os músicos amosaron a reo o seu desacordo coa versión,mais denante a fixación de Lulu, Hendrix escolleu por aproveitarse de que se trataba dunha transmisión ao vivo e portouse un pouco mal con ila enfronte de todos: logo de interrompela cun estridente axuste da guitarra mentres falaba pra as cámaras, o músico adiantouse ao trío proposto por Lulu e tocou o cover “Sunshine of Your Love”, dos Cream, tras emitir a seguinte mensaxe: “Gostaríanos deixar de tocar iste lixo e adicar unha canción a Cream, estean na banda que estean. Adicamos isto a Eric Clapton, Ginger Baker e Jack Bruce”.
A ousadía fixo que Hendrix o vetaran pola BBC ata o día en que se anunciou a súa morte na televisión.
Tradución ao galego ceive da man de Rubem Novo.
Picade em:

Locos Por El Rock

Jimi Hendrix – Sunshine Of Your Love (Live Happening For Lulu 1969)

Jimi Hendrix tribute to Cream on The LuLu show.

Testemunhas do “CRIME” de Jimi Hendrix Experiencie.

Por sempre Jimi Hendrix “A panteira negrh@”

 

Foto cabeceira da man de “Locos por el Rock“

PREME NA LIGAZOM:

https://www.facebook.com/profile.php?id=100070278946914

Vídeo clipes da man de You Tube.