O home que transita polas rúas de San Petersburgo con cabelo albrotado, barba descoidada e desgastados zapatos non é un trotamundos; é en realidade Grigori (Grisha) Yakovlevich Perelman, o xenio matemático ruso que conquistou un dos enigmas máis entroncados e teimosos na historia das matemáticas: a Conxectura de Poincaré.
No ano 2003, Perelman desconcertou á comunidade académica ao publicar unha serie de artigos que validaban a conxectura, unha interrogante que deixara perplexos aos matemáticos por máis dun século. Por este logro sen precedentes, o Instituto Clay galardoouno co cobizado Premio do Milenio, que conlevaba un premio en efetivo dun millón de dólares. Con todo, nun ato que desafiou as convencións e expetativas, Perelman declinou o premio, argumentando: “Se a solución é correta, ningún outro reconhecemento é necesario”.
O seu relato adquiriu proporcións míticas na contemporaneidade. Ata iste día, a Conxectura de Poincaré mantense coma a única dos sete problemas do milenio que resolveuse. A pesares das súas extraordinarias contribucións, Perelman esquivou os reflectores públicos e evitou todo contato cos seus colegas no ámbito matemático.
Rachando cos canons da comunidade científica, Perelman elixiu un estilo de vida caracterizado polo illamento. O seu enfoque ascético e eremita cara a tanto a vida coma a ciencia é tan excecional que serviu de inspiración pra a nova xeración de mozos rusos. En San Petersburgo, non resulta infrecuente atoparse con camisolas que ostentan a súa imaxe acompanhada da lenda: “Non todo pode mercarse”.
Ista historia pon de manifesto que os logros científicos transcendentais non sempre gardan concordancia coa fama ou o recoñecemento social. Perelman personifica un paradoxo dentro da ciencia moderna: un individuo que alcanzou o cumio do saber matemático mentres rexeitaba os galardóns e os aplausos que normalmente acompañan as fazañas. Na súa soidade, achou a eficacia e a concentración necesarias pra alterar o rumbo das matemáticas de maneira irreversíbel.
(Tradución ao galego ceive por Rubem Novo).
Foto cabeceira da man de https://www.telegraph.co.uk/
Foto adentros da man de Andy Reyna.