• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


VITAL LANDSCAPE (2022)
Mixing Martines

Mixing Martines (ou José Manuel Martínez García, ou Bonham De.toda.a.vida) é un novo proxecto que arrinca dende Coruña con iste espléndido lp.

Se a pandemia trouxo algo bo, é iste álbum. Unha obra luminosa; rock pra facer amigos; música que fará que todo che saia ben o día que o escoites. As influenzas son as mellores: Rolling Stones, Led Zeppelin, AC/CD e máis cousas que se me escapan, sen que iso réstelle un chisco de orixinalidade. Cheo de guitarras felinas mais tenras —porque José sabe agarimar co seu sorriso ao tigre— os anos de experiencia destilando emocións fican por fin plasmados. Gostame a velocidade diste disco: o seu ritmo non impide desfrutar da paisaxe sonora.
Acompáñao unha lexión de ases: Fredo Suárez, Dave Hernández, Freddy Besteiro, Ricardo Saavedra, Frank Castro, Manu Clavijo, Fernando González, Alberto Delpiero, Suso Rey, Mou (DKTC), Lasuperjota e Alvarito Lamas.
Xa todos sabiamos que José é un gran baterista e técnico de son, máis agora —e non me estraña— agasallanos istas oito composicións orixinais gloriosamente instrumentadas. É unha persoa cunha proximidade e cunha humildade que non casa co seu nivel de profesionalidade, algo moi raro. Cando chegou ás jams do Villatuerto, collia as baquetas e uniase a banda sen complexos. Nas raras ocasións nas que cantaba, deixabame perplexo. Con iste disco ficou claro que o seu rexistro vocal é envexabel. Xa estou agardando polo seguinte.
Só editou trescentas copias en vinilo de 180 gr. Faite cunha xa! O 29 estréao no Playa Club cun concerto ao que desafortunadamente non poderei asistir.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).