Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

MENOS QUE UN CAN (1971)
Charlie Mingus
De tódalas autobiografías de músicos que lin, ista é, sen dúbida, a máis tola. Charlie Mingus tivo que retirarse das taboas e agocharse durante uns anos debido a problemas extra-musicais relacionados coas mafias e outros asuntos turbios. Aproveitando a ocasión, nove anos antes da súa morte, escribiu ista obra. Curiosamente, eiquí apenas falase da música. Abundando nas súas vivencias xuvenís e na súa faceta posterior de proxeneta, o músico non ten reparos en descargarnos as máis delirantes burradas. A medida que seguimos lendo, despois de abrumarnos máis e máis coas suas animaladas, cando pensamos que non imos atopar nada novo, ataca de súpeto cun discurso metafísico dunha esmagadora profundidade e calidade literaria. Mingus foi un ser humano único.
Facer unha selección dos seus mellores discos é unha tarefa difícil que intentarei algún día. Foi un xenio en todos os sensos.
SÓ ROLLING – Bill Wyman y Ray Coleman (1994)
MEMORIAS DUN ROLLING STONE – Ron Wood (2008)
VIDA – Keith Richards (2018)
Tres autobiografías de membros dos Rolling Stones. Hai outra máis de Mick Jagger mais non me interesa.
Distes tres a mellor é a de Keith Richards. A súa calidade literaria abraia; non en balde o guitarrista é un lector impenitente cunha monumental biblioteca persoal. Divertida e emocionante.
A de Ron Wood tamén é boa. Coma a de Keith, retén moita información pra non meterse en problemas. Quizais —nós non o ollaremos—, cando pasen cincuenta anos, alguén escriba a verdadeira historia de todas istas persoas.
Bill Wyman escribiu a súa xusto despois de deixar o grupo. Creo que Mick Jagger querellouse contra il. A meticulosidade da súa mente matemática chega o extremo de saber exactamente cantas mulleres compartían cama con cada un dos membros do grupo. Un documento imprescindibel pra conhecer máis sobor a traseira das taboas (backstage) da superbanda.
RUMBO A GLORIA (1943)
Woody Guthrie
Amàis de ser cantante, guitarrista e compositor, Woody Guthrie pintou e escribiu. Istas memorias da súa infanza e mocidade son das mellores que lin. Enmarcadas no período de entreguerras, nun Oklahoma devastado pola Gran Depresión do 29, o autor narra as súas aventuras e desventuras ata converterse no cantautor protesta que pasou á historia. Cunha prosa directa e sinxela, a súa lectura resulta facil máis impactante.
Woody Guthrie foi un home que sempre tivo claro sobor quen cantaba e por qué o facía. Endexamáis deu un concerto nun estadio pra cen mil persoas, máis a súa canción “This land is your land” segue sendo o himno non oficial dos Estados Unidos.
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).