Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O 1 de Xuño de 1984 estreábase “Rúas de Lume” (Walter Hill)
“Olla, sei que vas triunfar coa túa múseca e eu non estou pra levarche as guitarras, mais se alghún día necesítasme, aí vou estar”
Considerada en termos xerais coma un filme de ación, a cita de culto, ovra de Walter Hill, é un híbrido que mistura o western urbán e o cinema musical, dando coma resultado – e así o dicia o subtítulo- unha fábula de rock n´roll.
“Rúas de Lume” conta unha historia coa clásica estrutura “mozo bo rescata moza ghuapa e vence ao malo”, apoiada nun desenho visual e unha linguaxe narrativa netamente videoclipera. O filme foi estreada en 1984 con guión do propio Walter Hill e Larry Gross, responsabels de “48 horas”, título que comezou a moda das Buddy Movies no eido policiaco.
Se vostede querido leitor masculino, é dos que nin de milagre ollaría ‘Mary Poppins’, ‘Amore sen barreiras’ e moito menos ‘Á Land’, non se preocupe, porque ‘Rúas de lume’ é o musical pra o macho alfa, pra o espectador que goza dunha boa historia testosterona, segueda dunha dotación de balazos, zoupes e persecucións na motocicleta.
Amantes da música ochenteira, non esaxero se aseguro que as pistas de son é un dos mellores desa década. Onda os temas “Tonight Is What It Means to Be Young” e a inesquecíblel “Nowhere Fast”, ámbalas dúas de Fire Inc. (a voz que se escoita na cita é a de Laurie Sargent, Diane Lane fai coma que cantare sen cantare), atopamos éxitos coma ‘I can dream about you’ interpretada por Dan Hartman e ‘One bad stud’ de The Blasters, entre outras. Un verdadeiro deleite auditivo.
‘Rúas de lume’ se regodea dun score de Ry Cooder que crea o clima necesario pra adentarnos na trama e Andrew Laszlo, tremendo director de fotografía, dá cátedra de coma alumase un filme de ación e números musicais.
‘Rúas de lume’ á lus do tempo, mantense coma unha lembranza nostálxica daquila época na que, bicabámonos á nosa moza baixo unha tarde de choiva entre anuncios luminosos de neon e ambente discotequeiro.
Diane Lane tinha 18 anos cando filmou o filme.
Pistas de son de o filme “Rúas de lume”.
PREME NAS LIGAZÓMS:

Fire Inc. – Nowhere Fast (1984)  “Streets of Fire/Rúas de lume” (Subtitulos castelán).

Tonight is What It Means to be Young- Streets of Fire.

Rúas de lume.

Fire Inc.-Sorcerer.

Maria McKee – Never Be You – Streets Of Fire – Rúas de lume.

The Sorels – Countdown To Love (From Streets of Fire – Rúas de lume).

Fire Inc. – Nowhere Fast (1984) (Official Video).

Nowhere Fast – Streets of Fire – Rúas de lume.

 

Foto cabeceira da man de https://www.phenomena-experience.com/

Foto adentros da man de Facebook.