Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Polly Jean Harvey é unha compositora, cantante, guitarrista e saxofonista inglesa que comezou a sacar discos en 1992 con 23 anos. Antes, no 1988, uniuse a Automatic Dlamini, a banda de John Parish, que logo sería asiduo colaborador na súa carreira. Ademais do blues, os seus ídolos de mocidade foron Captain Beefheart e Bob Dylan.
Iste é o seu sexto álbum. Eiquí xa abandonou o power trío dos seus tres primeiros discos (que merecen unha mención aparte) con temas máis cocinhados. Cunha produción sublime e unha orquestración concisa, creo que é —sen desmerezer ao resto— o seu disco máis adulto e a xanela perfecta pra albiscar o seu mundo.
A cosmoxonía do rock non remata em Patti Smith e Chrissie Hynde. PJ Harvey segue ampliando a súa órbita sen deixar de abraiar en cada novo álbum.

Pepe Chas.

Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.