• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


“O HOME DELGADO” 1944

Samuel Dashiell Hammett, nado en Saint Mary’s County (Maryland) o 27 de maio de 1894 e finado en Nova York o 10 de xaneiro de 1961, foi un escritor norteamericano de novela negra.

Aínda que a tendencia realista tanto nos contidos como na linguaxe xa comezara nos relatos de Ernest Hemingway, Hammett codificou o estilo de ficción protagonizada por “tipos duros”, onde se representan os baixos fondos e as baixas paixóns que levan á xente real a cometer crimes. Como dixo Raymond Chandler:

“Hammett devolveulle o crime á xente que o cometía por unha razón, non só para proporcionar un cadáver; e cos medios que tiña a man, non con pistolas de duelo feitas a man, curare ou peixes tropicais. Puxo a esta xente no papel tal como eran, e fíxoos pensar e falar como o facían ao dedicárense a isto.” [1]

O seu primeiro conto publicouse en Black Mask en 1923, e aí naceu o Continental Op baseado nas súas experiencias como detective da axencia Pinkerton. Até 1930 apereceria nuns 30 contos e en dúas novelas. A primeira delas foi Colleita vermella (1929), a primeira obra mestra da novela negra, representando unha serie de crimes sen fin nunha cidade corrupta que podería ser calquera grande urbe contemporánea.

A partir de 1929 apareceu o personaxe de Sam Spade, que será o arquetipo de detective “hard boiled“, un tipo frío e solitario, co seu propio sentido da xustiza. A representación que del fixo Humphrey Bogart na película The Maltese Falcon (dirixida en 1941 por John Huston) sentou a base de toda unha tradición fílmica e introduciu un novo mito no imaxinario colectivo.

Hammett deixou de escribir en 1934. Malia que intentou retomalo posteriormente, no momento da súa morte só quedaron uns capítulos dunha nova novela Tulip, que por primeira vez non era de detectives.

En 1951 cumpriu 5 meses de prisión por negarse a declarar ante o Comité de Actividades Antiamericanas sobre as súas actividades no Partido Comunista dos Estados Unidos.

Obras

Traducións ao galego.

Á altura de 2019, amais da novela Colleita vermella, fora traducido e publicado en galego o relato “Só poden enforcalo unha vez”, dentro da Antoloxía do relato policial

APONTE DAS MINHAS LEMBRANZAS:

DASHIELL HAMMETT non escribiu máis dende 1934. Nunha entrevista no 1960 (un ano a piques da súa morte) respostou a pergunta: Non escribir máis dende 1934 por que o fixeches? RESPOSTA DE HAMMETT:

CANDO COMA ESCRITOR SABES QUE TES UN ESTILO, TODO ACABOUSE COMA ESCRITOR PRA UN.