Nêspera Editora
https://www.facebook.com/profile.php?id=100081529252214
Somos unha editora independente con sede en Ames, creada no 2022. Nacimos coa idea de publicar obras orixinais en galego, coidadas e traballadas, tanto en contido como en forma, independentemente do seu xénero, do seu tema, e da idade e tipo de lectora á que se dirixen. Entendemos nêspera, non só como unha editora que fai libros, senón tamén como un axente cultural e social dentro da nosa contorna. Outro pilar fundamental da operativa de nêspera é a oferta dos nosos servizos editoriais a outras editoras ou ás propias autoras que precisen dunha infraestrutura e orientación coa que non contan para poder publicar de modo profesional. Avelaíñas eléctricas foi a nosa carta de presentación. É o resultado dun tratamento coidado e meticuloso de todos os elementos que a compoñen: desde os máis visuais, como o deseño da capa, as tipografías e as cores, ata os relacionados co contido e co estilo literario, como a combinación poesía/prosa, os peritextos, a biografía, a puntuación e as diferenzas dialectais.