• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


O 25 de xuño de 1979 en Miami (Florida) xulgóuselle polos crimes da fraternidade Chi Omega. Foron nomeados coma os “delitos da década”, e tiveron tal impacto na opinión pública que fixeron que un gran anaco dos estadounidenses considerasen a Bundy coma a encarnación do mal.

Bundy exerceu coma o seu propio avogado, mais as evidencias contra il foron esmagadoras. Primeiro foi o testemuño de Nita Neary, que o sinalou coma o home ao que viu saír da fraternidade cunha pucha posta. Despois subiu ao estrado o odontólogo Richard Souviron, quen determinou que as marcas de dentes atopadas no corpo de Levy coincidían coa dentadura de Bundy. Testemuñas de cargo e descargo foron chamados por ambolos lados (engadindo a Louise Bundy) pra a defensa. Bundy chorou durante o testemuño da súa nai (unha rara mostra de emoción real). Ao xurado foille permitido escoitar detalles do secuestro de DaRonch.

O 24 de xullo de 1979, tras seis horas e media de deliberación, o xurado declarouno culpabel.

il escoitou o veredicto sen amosar emoción algunha, a diferenza da súa nai, quen suplicou piedade. Bundy afirmou ser vítima dunha farsa, dun xuízo inxusto e abusivo, polo que non tiña que pedir clemencia por algo que non cometera. O xuíz Cowart sentenciouno á pena de morte na cadeira eléctrica polos asasinatos de Lisa Levy e Margaret Bowman.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

Entrevista a Ted Bundy

Idioma inglés / Escrita castelán.

(Foto cabeceira da man de https://www.infobae.com/)