lolo

LOLO VILLAVERDE DOMÍNGUEZ. Contra inxustiza social/Namorado, Xustiza Social. 1 de maio de 2018.

Publicado el 6 mayo, 2018 | Literatura

Contra Inxustiza Social

Outro 1 de Maio
e nos perdidos
nas ruinas banales
do beneficio propio

E ao rente dos vieiros
dista vida sigo,
desexando isa calma,
que da a un a vida
cando non nos machacan o ser
roubandonos a ialma.
Por qué teñen que morrer de fame…………
Nenos e Avòs
e isas Nais e País Coraxe.
Cando se enchen banduios no mundo,
da mañeira máis infame.

E roda e roda nosa vida
hacia ningures.
e o quebranto do llanto
afogándonos coma sempre
polas inxustizas infrinxidas
polos máis fortes económicamente .

Hai cousas que me corroen a ialma…….
Despeitome coma reseña inesquezibel
no ar.
Denuncio e refrexo
e ao rente do mar bravío me explaio…..
Nos Sentimentos.

Conteille unha mentira a vida
para ver si me consolaba
pero non puiden,
pois tanta Inxustiza no mundo
me abochornaba,
e seguin paseniño
andando na vida,
cheo de rabia e bágoas,
da impotencia sublime
o meu ser tiritaba.

Parecelles lícito ,
amasar fortunas a millares,
nin colorados se poñen,
vendo morrer as xentes de fame,
eu soio lles digo
ainda que non son naide……..
Amasa a fortuna que queiras,
cando naide se morra de fame,
está na vosa man
que ista Inxustiza se acabe,
pois se de min dependese e a vida me costase…….
Agora mesmo daría o máis preciado que teño
que e a mesma
porque esta Inxustiza
se arranxe

Lolo: 1/5/18

Namorado, Xustiza Social

O vento mareiro
viu a petarme a ventá
abrinna e un ulir 
a salmoira fresca
empañoume o ser e o cristal,
e funme
nos meus soños con ela
a navegar.

E surquei nas ondas do mar,
ata chegar ao teu lar
esa illa Fermosa e pequena,
perdida alén no confín do mundo
onde os seres humans se perden
pola Inxustiza Social.
E as ialmas novas
que chegan a costa
se volven Namorar.

E eiqui me tes….Namorado,
na cuberta da Chalana,
enarbolando a enseña da Paz,
cantos sofrementos e vidas costa
arranxar o Mundo en Verdad.

Fagamos o indecibel
eo case imposibel
porque a enseña se reflicta………….Na Xustiza Social,
dende o ancho do mar ata as costas,
ou en calquer lugar,
diste mundo onde navega a Inxustiza e Maldad.

Mar aberto, bravio,
cantas almas levas contigo…………..Que
coma os necios avarentos,
nunca te das enchido.

Lolo: 22/3/18

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *