• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Isabel Risco coma Donha Carmen Polo, Señora de Meiras e Fernando Morán

coma Don Francisco Franco, Caudillo de España pola graza de Deus.

ENRIBA O MOVEMENTO NACIONAL + VIVA A FRONTE POPULAR VERMELLA. 

https://www.facebook.com/fernando.moran.5686 

https://www.facebook.com/isabel.risco

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TANGUXEIRAS.

https://www.facebook.com/Tanxugueiras

 

 

 

 

 

 

Isabel Risco parolando a penha!!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

O desta mañá en Meirás ben puido ter sido unha festa popular completa. Porén, o goberno do Estado, de xeito incomprensíbel, preferiu que máis unha vez, como cando o Pazo aínda era da familia do ditador, tivésemos que nos manifestar da cancela para fóra.
Aínda así, a de hoxe, a mobilización popular máis numerosa en moitos anos, serve para mantermos viva e activa unha loita que non acabou. Recuperouse o pazo en primeira instancia como propiedade pública, mais como ben alertou o noso compañeiro Carlos Babío, aínda pode haber pasos atrás. E, ao mesmo tempo, os gobernos do Estado e da Xunta teñen que impedir que a familia Franco cometa un espolio cos bens que atesoura o interior.
A de hoxe foi, iso si que por suposto, unha festa para homenaxear a todas esas persoas e colectivos que, desde hai anos, traballaron sen descanso para botar fóra de Meirás os herdeiros da ditadura e para que o pazo sexa de vez o que sen discusión debera ser: un espazo das memorias e da dignidade colectiva. No BNG honrámonos en que moitas desas persoas -por suposto non todas- sexan compañeiras da nosa organización: Manuel Monge, Beatriz Gómez Amigo, ex presidenta da CRMH da Coruña, Abel Lopez Soto, @s chamad@s 19 de Meirás e, por suposto, Manuel Pérez Lorenzo, Lito, e Carlos Babío. Sen o rigorosísimo traballo de investigación e documentación feito por estes últimos tería sido imposíbel chegar aquí.

 

 

 

 

 

 

 

 

Manuel Monge sempre na loita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Asasinados polo franquismo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BNG: Advirte das resistencias para pechar o proceso “con bo pé” e considera a posible indemnización aos Franco inaceptable e unha ofensa ás vítimas.

Ana Pontón empraza a Xunta e Goberno central a garantir a “devolución íntegra” de Meirás.

 

 

 

 

 

 

A portavoz nacional, Ana Pontón, emprazou a Xunta e Goberno central a “estar á altura da sociedade galega” para garantir a devolución “íntegra” do Pazo de Meirás. “Depende da vontade de ámbolos dous que así sexa”, recalcou na manifestación convocada por Iniciativa Galega pola Memoria en defensa da titularidade pública deste patrimonio e contra os privilexios do franquismo, á que asistiu unha ampla representación do BNG, entre a que se atopaban tamén a portavoz parlamentaria en Bruxelas, Ana Miranda, e o deputado no Congreso, Néstor Rego.

Pontón apelou aos Executivos galego e estatal para garantir que o proceso de devolución do pazo, incluídos os bens do interior do inmoble,  “vai finalizar con bo pé” porque, segundo asegurou, a sociedade galega estalles a dar “un toque de atención” neste sentido con esta mobilización.

Logo de recoñecer que “se hoxe estamos onde estamos é precisamente grazas á mobilización social”, a portavoz nacional advertiu das “resistencias” que persisten, pese ao “debate gañado” coa consideración de que Meirás “foi un ben espoliado que debe ser devolto aos galegos e galegas”.

Así, referiuse á sentenza que recoñece a titularidade pública do pazo, pero que se atopa aínda pendente do Tribunal Supremo; ao que considerou capítulo “absolutamente rocambolesco” polo que se chega a cuestionar que os bens que están dentro do inmoble non formen parte da súa unidade; ou de decisións xudiciais sobre unha posible indemnizacións aos Franco.

“Indemnizar a unha familia por ocupar 40 anos ilegalmente este pazo; o mundo ao revés”, afirmou, para recalcar a continuación que unha compensación económica para os Franco suporía tamén unha “afrenta á memoria das vítimas”.

A portavoz nacional do BNG subliñou que “Meirás é moito máis que un pazo, é un símbolo” e engadiu que a batalla pola súa devolución aos galegos e ás galegas “é tamén unha loita para poñer fin aos pozos negros da transición”, xa que deixa en evidencia os defectos “dunha transición que foi un pacto co franquismo”. “Residuos como os de Meirás o que nos demostran é que para que haxa unha sociedade plenamente democrática hai que romper con ese franquismo e esta é unha loita pola dignidade e pola democracia e por iso hoxe estamos aquí”, concluíu.

https://www.facebook.com/obloque

 https://www.facebook.com/BngACorunha