O próximo luns 30 de outubro ás 20 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda en Olmos 16 1º, contaremos coa presenza de MANUEL MONGE para falarnos da
A Lei de Amnistía de 1977 foi unha conquista democrática despois de 40 anos de represión dunha ditadura criminal. Moitas persoas saíron do cárcere, miles recuperaron o posto de traballo. Despois de 40 anos da aprobación desta lei, é interpretada como unha lei de punto final e os crimes do franquismo aínda están impunes.
MANUEL MONGE GONZÁLEZ, mestre e sociólogo, ex-presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, foi preso político no cárcere de Basauri (Euscadi) en 1968 e no cárcere da Coruña en 1973. Foi despedido como mestre no colexio Tisro de Molina de Ferrol cando estaba no cárcere, por “faltas injustificadas al trabajo”, e en 1974 foi despedido por “orden gubernativa” cando traballaba no colexio público Ibáñez Martín.