Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Cuac FM vai camiño de VINTEOITO ANOS DE VIDA. Vai en maiúsculas por motivos obvios.
O meu mobil ten centos de contactos de xente que pasou pola radio comunitaria da #Coruña en todo este tempo. En 1996 pouca xente tiña mobil.
Non quero roubarte moito tempo un domingo, pero se ainda non viches o documental Nada que ver (está en Youtube) hoxe pode ser un bo día para facelo.
O caso é que para lembrarme da xente de Cuac uso algo que é de lòxica pura: na miña axenda aparecen co seu nome e de apelido algo do seu primeiro programa da emisora. Víctor Grande segue a ser Víctor Coña (o seu primeiro programa era Tiene que ser de coñá), Javi Fraguel (xa se puxo él o mesmo nome no facebook) e Diana Sieira é Diana Séptimo Arte e Angela Triana Seoane é Ángela No+. Así podo estar media mañá. E non é plan.
Noel Miguélez é Noel Radiocassette. Agora debería ser Noel Turbulencias (o seu actual programa, que por desgracia está en pause). Noel lanzouse a escribir un libro tan chulo como necesario sobre artistas e bandas galegas. Cun formato imitando a un vinilo que vai ser unha gozada. Se queres aprender sobre música galega (non ten intención enciclopédica, é a súa visión) e ter unhas ilustracións chulísimas de Victoria Sánchez, xa estás tardando en sumarte ao Crowdfunding que ten en marcha dende fai unha semana en Verkami.
Se estás en Cuac, agarda que imos ver a opción que ofrece de compra para asociacións. Tamén se formas parte da A.C. República Musical Mardi Gras vas poder sumarte á compra colectiva.
Dalle a play que, ainda que non te sumes, vas descubrir un proxecto ben chulo.
TOMI DESASTRE.
VERKAMI.

Galicia MusiCalidade. Unha terra feita de acordes.

Un libro ilustrado sobre a música contemporanea galega e os seus precursores.

PREME NA LIGAZÓN: https://www.verkami.com/projects/37128-galicia-musicalidade-unha-terra-feita-de-acordes?fbclid=IwAR1zv4x2RlZXMtfuvBYWxhAcYVFg8lEwsOMQbLGx7APjuu7f6Hrc3SYctPA

VIDEO CLIPE E MÁIS INFORACIÓN DO  VERKAMI

Galicia MusiCalidade. Unha terra feita de acordes.

Un libro ilustrado sobre a música contemporanea galega e os seus precursores.