Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-ERIS MACKENZIE (29 de setembro, Vintage & Coffe, 21.30 horas, entrada ceive).O novo proxecto de Caros Eirís (Lora) será o encaregado de abrir o lume cun recital no que amosora o seu efervescente estado creativo. Quixo il facelo nun lugar diferente e, por unha vez, imos saír das salas de concertos. Ofreceremos o recital nunha tenda de roupa. Alí gozaremos desta explosión musical concibida coma un ao vivo dj voz e unha produción en directo crebadiza e fragmentada na que hai sitio pra todo: pop, trap, merengue, rap e o que poidas imaxinar.
-LORA CRIMINAL PENGUINS (11 de outubro, A Disfrutona do Orzán, 6/8 euros). Lora, o dúo formado por Carlos Eirís e Alejandro Gesto, irrompeu a finais da pasada década coma unha refrescante mostra de pop desacomplexado. Unhas veces olla totalmente ao rap, outras ao pop-rock de guitarras dos 90. Acompanhounos especialmente durante a pandemia. “Lorazepam” (2020) é o seu último traballo, cheo de boas vibracións que no directo multiplícanse. Pedímoslles que se aponten ao ciclo. E faltoulles tempo pra dicir que si. Istarán acompanhados de Criminal Penguins, banda de punk que fan versións de temazos míticos.
-PAMELA RODRÍGUEZ (24 de novembro, La Disfrutona del Orzán, 8/10 euros). O grande descubrimento dos últimos tempos na Coruña e unha persoa moi querida por iste ciclo. Convidámola a estrear a resurreción dos concertos de Retroalimentación en xaneiro e fascinounos. Agora o seu proxecto evolucionou e cedo se plasmará en “Meigas”, o seu primeiro disco na España que presentará en exclusiva nos concertos de Retroalimentación. Pop atmosférico, brumeiro e arrebatadoramente belo. Pra iste directo contase cunha infinidade de colaboradores. Unha honra tela outra vez eiquí.
-HORMIGONERA (5 decembro, La Disfrutona del Orzán, 8 euros só na bilheteira). Moitos nomes míticos do rock crunhés danse cita nesta nova formación na que militan integrantes dos Eskizos, Viuda Gómez e Hijos e Lascivos, entre outros. Sen nada editado aínda, confiamos a cegas na súa aposta polo rock de sempre, ise que mestura escuridade e electricidade. Ise mesmo que nos fixo voar cos seus outros proxectos e que seguramente nos encandee de novo.
-CHICHARRÓN (16 de decembro, La Disfrutona del Orzán 6/8 euros). Unha das bandas máis queridas nos concertos de Retroalimentación. De feito, presentaron a maioría dos seus discos dentro diste ciclo. O seu último traballo é “O que nos queda por non dicir”, unha celebración da ledicia tras un par de entregas escuras marcadas pola morte. O grupo compónheno agora Mara Pérez, Rosalía Fernández Rial e Alberto Vecino, dando unha nova cor ao seu son.
* Vintage and Coffee está na rúa Xohana da Vega 4 e   La Disfrutona del Orzán rúa do Bosco 5. Os bilhetes poderanse á venda cedo
Cartaz obra de Catuxa Alonso
Escrita por Javier Becerra.
Tradución ao galego ceive por Rubém Novo.
Foto cabeceira Pamela Rodríguez da man de María Simón.