Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

MADRID, SPAIN – OCTOBER 01: Federico Jiménez Losantos attends ‘El Mundo’ newspaper 30th anniversary at the Palace Hotel on October 01, 2019 in Madrid, Spain. (Photo by Carlos Alvarez/Getty Images)

LIGAZÓN AO VIDEO DE SPANISH REVOLUTION.

https://www.instagram.com/reel/C17FTy_p9HQ/?fbclid=IwAR1tT9fF7iqH6Uba7XxRZKA81rF8aswWf4qrBGZ1_3DLAUcdm_2i64imNhA

 

VERBAS DE FEDERICO JIMÉNEZ LOSANTOS.

Na Galiza a cousa istá clareira:
Ou PP Ou separatismo
O BNG cuxo núcleo é as UPG
que son os batasunos
A UPG era un fato terrorista
De extrema esquerda, comunista adoecido,
que non se mistura amais cos demais.
Agora din que tenhen unha señora
que é medio civilizada
e que dá o pedrés
coma se vendese peixe
non, non, son os terroristas da UPG
choqueiros do que sexa
mais o PSOE vénse abaixo.
Xa é terceiro partido.
Entón non é entre PP e o PSOE
é entre
o PP e Batasuna.
Son o mesmo
Chamalo BNG,
Bildugá…
Olla Bildugá ista bem.
Pois o Bildugá.

(Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo).

VERBAS DE SPANISH REVOLUTION.

BilduG: Losantos, máis tolo que endexamais denante o medo que provoca el BNG a dereita

Unha vez máis Losantos falando sobor un tema que claramente desconhece e emitindo comentas extremadamente desinformadas e tendenciosas. Seu análisise sobor o BNG amosa unha falla total de conhecemento sobor a realidade política de Galiza e unha predisposición(xa xeral en íl) a mangonear a información.

Usar termos coma “terroristas da UPG” de choqueiros do que sexa é, directamente, infamación. As súas comentas amosan unha total falla do abrangue da diversidade ideolóxica no eido político galego ao cotexar o BNG con Bildu con desprezo, cando na esquerda Bildu istá moreas mellor ollado do que se cren nas dereitas do noso país, e non só na Galiza. Jiménez Losantos amosa estar máis interesado en xerar titulares sensacionalistas e crear alcumes aldraxantes que en facer un analisise político obxetivo e fundamentado. A súa desinformación e de enxergo som evidentes, y es láiante que alghúns medios le den espazo pra espallar as súas opinións sen alicerce na realidade.

(Tradución ao galego ceive da man do Rubém Novo).

PREME NA LIGAZÓN:

CARTAZ VERBAS FEDERICO JIMENEZ LOSANTOS.

https://www.instagram.com/p/C2HXDBALlHP/

Na Galiza a alternativa ao PP som os bildutarras do BNG

Som elecions a face ou crus.

Federico Jiménez Losantos

ES RADIO.

(Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo).

 

VERBAS DE:

Fran Rei García  (Xico de Nelhe).

E orgullosamente, ademais! 🏳️‍🌈🐞✊🏿

Seguramente o autor ou autores (en masculino) da xenial ocorrencia coa que acabo de bater ao ir ao local comarcal do BNG da Coruña non saben que cando ningunha outra forza política facía nada parecido na nosa comarca o @o_bloque (concretamente o @bng_cambre) comezou a organizar por volta do 28 de xuño un acto ao que chamou, xustamente, BENEGAI 💖

Era un acto político a medio camiño entre o formativo e o festivo, sen máis pretensión que o de reivindicar politicamente aquí e agora, nesta terra e neste tempo, desde o nacionalismo galego e desde Galiza, unha data internacional nun momento no que xa se aveciñaba o seu perigoso baleirado, a súa mercantilización.

Polo BENEGAI, ao abeiro do Paraugas do Temple, recordo que pasaron desde activistas que xa nos falaban da teoría queer ou do transfeminismo (nun momento en que esas palabras non estaban presentes na linguaxe de ningunha forza política con representación parlamentaria e opcións de goberno) a curas da igrexa católica que milita(ba)n no Bloque anos antes da chegada de Francisco ao Vaticano e do suposto cambio de opinión da Igrexa sobre a bendición de parellas homosexuais. Tamén recordo que acompañábamos todo iso coas bandas sonoras de Ana Kiro ou Projecto Mourente e que recuperamos/reivindicamos a figura musical de Finita Gay.

Vaia, que se pensaron que ofendían alguén…en realidade fixeron un exercicio de reivindicación e de memoria 😇😉

#cambiogalego #éagora