Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Luns 18 decembro 2023.
Ista é a nosa primeira noite sen concerto nuns cantos días. Istamos apesarados porque Galiza perde un espazo realmente importante pra a música ao vivo. A Sala son Cangas dixo adeus iste pasado sábado. Trás máis de 1200 concertos organizados. Moitas das xeiras que vivimos na Mardi Gras pasaban o día denantes ou despois por isa localidade do Morrazo. Un mérito incríbel o de Berto, Henry e tódola equipa da sala que fixo posíbel que milleiros e milleiros de persoas vivisen experiencias que ficaranlles marcadas pra sempre.
Mais non será nova apenas, fóra dunha ou dúas páxinas nos medios locais e algunhas pasadías referencias en redes coma ista (Facebook).
Asemella que istamos tolos cando falamos da importancia cultural, social, económica e turística das Salas de Concertos. Das que istamos eiquí case tódolo ano pra quen nos quere desfrutar dende o público e pra quen o fai dende enriba das táboas. A semana pasada os companheiros das salas da Murcia, asociados no Murcia Ao vivo, recebian un importante reconhecemento por isa laboura da que falamos. Quizais eiquí non o sabemos exponher, non somos concluíntes, non chegamos a coarnos na vida da morea de xente que está disposta a pagar por ir a grandes (por número de asistentes e montaxe) concertos mais que non se exponhen a pagar 10 euros xamais em tódolo ano por un concerto nun lugar coma a Sala Son ou Mardi Gras.
Renderse non é unha opción, mais ás vezes baterse em retirada a tempo pra coller pulo se o é. Companheiros, GRAZAS por todo. Eiquí tedes o voso lar cando venhades A Crunha.
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DE RUBEM NOVO.