Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

As verbas de Helena Villar Janeiro som de fai nove anos.
E som unha louvanza do AMORE dos nosos persoeiros Helena e Xesús.
XESÚS RABADE PAREDES.
HELENA VILLAR JANEIRO.
(Eu, un roqueiro das ATOCHAS – MONTE ALTO, da Cidade Estado de A Crunha, GALIZA INTERNACIONALISTA; só direi que o bo facer, o ativismo e a paixón non só están no Rock n´roll.
Grazas Helena e Xesús pola vosa achega os meus miolos).
Rubem Novo.
VERBAS DA GAN DONA DAS LETRAS GALAICAS.
Hoxe regrasaron dúas cousas moi queridas. A alianza de Suso -agrandámolas e regravámolas hai pouco para as poder usar e el perdeu a súa hai uns días- e un exemplar do seu primeiro libro, “Xuntos cara ao mañá”, que nós nos tiñamos. A alianza estaba no saco das patacas e o libro chegou desde Francia grazas a un reencontro que unha profesora de francés de seu propiciou hai pouco para que lle axudase a cubrir datos daquela época, pois está escribino as súas memorias.
Polo anel remecemos a cinza da lareira, o lixo que compostamos, e a casa toda, pois sabía que a perdera dentro da casa. Os esforzos que fixo a profesora para localizalo foron inmensos, ata que dar co meu correo electrónico. Pequenos miragres dun día bonito.