Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Isto é, de verdade,  coma no chiste, o colmo dos colmos. Repetireime, mais é que isto vén sendo o colmo da síndrome Gallien-Krueger, termo que remato de inventar, resultado de enchufar o síndrome Dunning-Kruger a un amplificador Gallien-Krueger, ou a relación entre parvedade e vaidade á máxima potencia. En primeiro lugar a boa música transmite miles de cousas marabillosas, mais non transmíteche A TÍ (a mala tampouco, nen sequera a tí), o centro do tema non es ti e o importante non es ti, senón a propia música. Pra continuar, cando non se ten nen idea dun tema e ise tema interésache, o normal é tentar aprender e non poñerse a defender a túa ignorancia cunha cortinha de fume. A técnica (e repítome de novo) é indispensabel pra poder transmitir.É imposibel transmitir se non es capaz de dar unha nota coa afinación que queres, a textura que queres, no momento que queres e exactamente coma queres…outra cousa é o concepto que teña cada un á hora de usar isa técnica con maior, menor, ou total ausencia de gusto, mais sen técnica a música nen transmite, nen camiña, nen funciona, nen é. Dicirlle a alguén que se adica á música, e por tanto, con só dúas notas, ouve, sente e ve e ata cheira cousas que ti nen intúes de lonxe, isa tamaña sandez, é coma dicir que o conhecemento non serve pra nada, que os libros fan parva á xente ou asegurarlle a un científico que A Terra é plana porque cho fai sentir cando bailas.

-Ouve, ti que es pintor (digo… músico) que opinas da “gran reinterpretación” do Ecce Homo (digo… que opinas de tal música)?

-Reinterpretación? A ver, realmente iso non hai por onde collelo, a verdade é que está moi mal feito….é terribel.

-Uy, ti estás ancorado no pasado…isto é outra cousa. Eu é que o vexo e éncheme unha ledicia e unha éxtase…e isas reminiscencias do berro de Munch? Isa intensidade da ollada, isa boca que parece que che quere bicar pra dar a absolución…

-A ver…que non…que iso istá totalmente mal feito. Desafina ao besta…realmente desafinar é un termo moi benévolo pra isto…non camiña nen pa atrás, zoupes fóra de sitio, non empasta nen co seu cepillo de dentes…de verdade que iso nen funciona minimamente…

-Ah bo, iso é porque ti miras moito a técnica. Eu fíxome no que ME transmite…a min… si faime sentir…

-Que si, que o fin é ise, transmitir, comunicar, mais non vai de que ti che emociones porque lémbrache ao teu tío Genaro cando fica durmido coa boca aberta no sofá vendo a telenovela…

-A tí o que che pasa é que tes envexa porque isto o coñece todo o mundo e converteuse no símbolo dunha xeración.

-Si, a verdade é que me encantaría que me coñecesen por tan magna obra. Só espero que cando a túa doutora che recete algo para o rego, non lle digas que xa tomas caramelos de eucalipto vía rectal e por coma che refresca notas que che fan ben.

Fran Astro.

https://www.facebook.com/fran.castro.3994

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

 

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 2

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39375&action=edit&classic-editor

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 1

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39375&action=edit&classic-editor