• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 E logo quéixanse de que non hai público: Ista sí que é boa…imos por anacos:

1.- Os concertos teñen que ter o seu público vaian músic@s ou non, mais enriba poderíache falar duns cuantos centos de concertos no que o público era xente do mundillo, as súas parellas e, coma moito e a maiores, alghuén preto a quen convencían pra ir. É totalmente falso e ademáis absurdo e non se sostén que os músicos non vaian a concertos, cando (comezo) son os máis interesados na música.

2.- Nos horarios en que adoita haber concertos, o normal é que os músicos estean tocando, co cal non poden asistir a ver a alghuén e tocar á vez. Si resulta que non están a tocar, se cadra resulta que non teñen pasta pra ir ollar un concerto porque a vida musical é moi precaria. Si entramos nos temas dos últimos tempos con pandemias e varias cuestións máis que converteron isto en algo aínda máis invivible, xa nen falemos. Eu mesmo (que estaría exento de ver concertos en sete vidas máis pola cantidade que vin) non puiden ir a todo o que quixese ultimamente, a pesares de ser sempre una das miñas prioridades (porque o interese en asistir a música en vivo non se perde endexamáis si se ten e seguiría téndoo en noutras sete vidas nas que estou exento de obriga de asistir).

3.- Se aínda así, resulta que a ti que che queixas de isto, endexamáis, mais endexamáis, en ningunha circunstancia vanche a ver l@s músic@s, igual resulta que o que fas non ten moito interese musical. Vénme á cabeza unha moi coñecida persoa do mundo musical galego que se queixaba un día nunha presentación de disco de que, precisamente, endexamáis ía ninghún/a músic@ aos seus concertos. Pois iso…teño un amigo con moitos máis anos que eu coma músico e con, por suposto, infindo máis peso na escena musical que eu, que sobor a persoa en concreto desta anécdota, comenta sempre que cada vez que ouve algo feito por ela quítalle as ganhas de vivires”…pois iso… a min tamén mas quita e por algo será. Se de verdade endexamáis vaiche a ver ninghún/a músic@ de certo peso, preocúpache por ti no canto de falar dos demáis.

FRANK ASTRO.

https://www.facebook.com/fran.castro.3994

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 3

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39517&action=edit&classic-editor

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 1

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39375&action=edit&classic-editor