Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
BUDDY GUY & JUNIOR WELLS

…play the blues (1972)

Unha das parellas mellor complementadas na historia do blues. A harmónica e a guitarra endexamais empastaron tan ben, e iste é un dos seus mellores albums. Eiquí acompáñanos Eric Clapton, Dr. John, J. Geils e membros de Derek and the Dominos.

Coma tódalas grandes figuras do blues, istes músicos comezaron tocando na rúa, sendo pioneiros do blues eléctrico de Chicago. Xuntaronse a mediados dos 60 e colaboraron ata os 80, chegando a gravar catorce discos xuntos. Buddy Guy foi referencia pra Jimi Hendrix, Keith Richards, Eric Clapton e Jeff Beck, e istá considerado entre os cen mellores guitarristas da historia. Junior Wells estivo na banda de Muddy Waters e colaborou, entre outros, con Santana e Bonnie Raitt. Ambolos telonearon aos Rolling Stones na xira de 1970.

(Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo).