Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

Ana Miranda Paz.

Portavoz BNG Europa
Coordinadora Área Relacións Internacionais da Executiva do BNG
@anamirandapaz

https://www.facebook.com/anamirandapaz

VERBAS DE ANA MIRANDA.

Vexo ao PP moi nervoso dende a nosa chegada oficial ao escano no Parlamento Europeo. Primeiro estaban co mantra da “asistente de Bildu”, agora cos Verdes. Negan que estiveramos nunha coalición, negan que somos da ALE, partido político europeo que defende a autodeterminación e que está cos Verdes en coalición nun grupo parlamentar. E sobre iso quero aclarar algo, os Verdes levan tendo a posición de protección da biodiversidade sempre e son coherentes niso, non son corruptos coma o PP. Podemos discrepar nos temas de pesca como pasa noutros grupos, poous vendo as listas de voto no Parlamento Europeo xa se pode ver as diferencias que hai, nacionais, por temas, nunca hai voto en bloque. Además o BNG non ten mandato imperativo na Eurocámara de grupo pois é delegación galega en si mesma e o único mandato é o do Pobo Galego baixo un programa que definía claramente, a defensa día sectores productivos como a pesca, entre outos.
Cando estaba onte na Comisión de Pesca, sentin vergonza como os representantes do PP falan siempre por riba de calquera intervención sen educación. Cando intervin eu, outra xente e cando interviu a eurodeputada verde, que está no seu dereito a opinar nos guste o que diga ou non, ese ton despreciativo non o soporto, leva unha carga de superioridade moi grande. No primeiro día o deputado Gabriel Mato xa se meteu comigo infundadanente, logo seguiron os ataques na prensa ao BNG e a min, dende o eurodeputado galego, a conta do PP de Twitter, Paula Prado, Balseiro perfil falsos, mesmo un video,….A min xa non me afecta que rían, que falen porque sei moi ben a que vin a Bruxelas, a defender ao meu Pobo. Mais non hei calar xa.
O sector pesqueiro saben quen deu e da a cara por eles. Non podedes imaxinar a cantidades de mensaxes que chegaron Iso é o que importa. Están nervosos, sinal que estamos facendo ben o traballo para o que fomos votados. Seguimos 💪🏾

 

 

 

 

 

 

 

 

(Tódalas fotos da man de Ana Miranda)