LH foi un cantante, guitarrista e compositor orixinario de Texas cunha carreira de longuisimo percorrido. O seu son destaca por darlle ao blues un toque country absolutamente orixinal.
Comezou a tocar nos anos 20 cos seus irmáns John Henry e Joel, chegando a acompanhar aos míticos Blind Lemon Jefferson e Texas Alexander. Nos anos 30 comezou a gravar, mais a súa carreira viuse interrompida pola súa estanza na cadea. Nos 40 retoma as táboas co pianista Wilson “Thunder” Smith. Nos 50 métese no blues eléctrico acompanhado do batería Ben Turner e o baixista Donald Cooks. mais é nos 60 cando a súa figura cobra protagonismo ao saír en programas de televisión e coa súa primeira xeira por Europa.
A súa orixinal mistura do blues do norde co do sul, propiciou que influenciase a grandes músicos coma Muddy Waters, John Lee Hooker e B.B. King.
Non digo máis porque se non isto faise moi longo.
(Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo).
The Blues Accordin’ to Lightnin’ Hopkins (1967 Full Film)