Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

Fernando Navarro

Redactor cultural, especializado en múseca. Pertence ao País Semanal e é autor do Roteiro Norteamericano. Exerce de crítico musecal en Cadea Ser. Pasou por Efe, Abc, Roteiro 66, Efe Eme e Rolling Stone. Escribiu os libros Acordes Rotos, Martha, Maneiras de vivir e Todo o que importa sucede nas cancións. É de Madrid.

(Tradución ao galego ceive por Rubém Novo).

VIDEO CLIPE AMARAL FESTIVAL SONOROMA RIBERA (ARANDO DO DOURO).

PREME NA LIGAZÓM:

https://elpais.com/cultura/2023-08-13/eva-amaral-canta-a-pecho-descubierto-por-la-libertad-de-las-mujeres-en-el-festival-sonorama.html?utm_medium=social&utm_campaign=echobox&utm_source=Facebook&ssm=FB_CM&fbclid=IwAR0VU9MreJ1qgUDpRIOqJ6QPA9dczM_YGxXqlmbqiweZsiiS5csJF0kiRJI#Echobox=1691919447

A cantante Eva Amaral, iste sábado durante a súa atuación no festival Sonorama Ribera.Foto: PACO SANTAMARÍA (EFE) | Vídeo: EPV

Eva Amaral canta a peito nu pola libertade das mulleres no Festival Sonorama Ribera

El dúo Amaral acende Aranda do Douro durante o concerto de celebración dos seus 25 anos na múseca

“Isto é por Rocío. Por Rigoberta. Por Zahara. Por Miren. Por Bebe. Por todas nós. Porque ninguén nos pode ripar a dignidade da nosa nudez. A dignidade da nosa fraxilidade, da nosa afouteza. Porque somos unha morea. E non pasaran por enriba da vida que queremos herdar. Onde non tenha medo a dicir o que penso. Porque hoxe é o día da revolución”. Tras istas verbas, en metade do concerto do dúo Amaral, a noite do sábado en o Festival Sonorama Ribeira de Aranda de Douro (Burgos), a cantante Eva Amaral quitábase o corpinho de abelorios que lucía e cantaba a peito nu a canción Revolución. Desta maneira, o concerto conmemorativo de o casorio de prata da banda converteuse tamén nun ato reivindicativo pola liberdade das mulleres.

Eva Amaral na penumbra no centro do escenario principal do Sonorama Ribeira. Máis de 35.000 persoas congregadas no recinto. Non entraba nin un alfinete. Entón, cando o concerto levaba máis de hora e media e soara todo un regueiro de clásicos da banda, a cantante comezou a lembrar a importancia de “a dignidade” da nudez feminina. Enumerou uns canto nomes de companheiras cantantes que tiveron problemas por amosar os peitos nun concerto ou non dubidaron en reivindicar a igualdade de dereitos. A xente expectante e, entón, un inmenso feixe de lus amosou a Eva, que, cos peitos espidos, colleu un megáfono e comezou a cantares “Revolución”.

Foi espetacular. E algo aínda máis importante: todo un símbolo. A éxtase apoderouse de tódolo mundo: aprausos, aclamacións, mans cheas no alto, berros de ovación e a guitarra de Juan Aguirre, de Amaral, rachando máis fera que endexamais. E Revolución crebando a noite cunha Eva e os seus peitos ao ar durante os catro minutos de canción imparábel. “Sento que chegou a nosa hora, esta é a nosa revolución”, cantaba coa gorxa pletórica. “Somos unha morea e non pasaran por enriba da vida que queremos herdar, onde non tenha medo a dicir o que penso”, proseguía unha canción que endexamais soou tan transcendental.

“O desta noite foi un dos momentos máis bonitos da historia da banda”, dixo Eva Amaral na posterior e rápida rolda de prensa nas dependencias do Sonorama Ribeira. Eva e Juan Aguirre apareceron acompanhados de Javier Ajenjo, director do festival. “Nós non paramos de evoluir e o máis bonito é saber que o noso público evolue connosco ata poder chegar a un día coma hoxe”, engadiu Aguirre. Apenas rematara o concerto, á 1.15 da manhancinha do domingo, e era a 1.30 cando ambos saíron á nova sala de prensa do festival. Facianas cansas, maisunha morea de emocionados, tal e coma dixo Eva Amaral. “Aínda non asimilamos o que sucedeu. Non temos verbas porque estamos rebordados polos sentimentos”, engadiu a cantante, quen á falar, fóra da rolda de prensa, dixo a iste xornal: “Foi un momento moi importante”. E agradeceu o apoio da morea de xente a banda.

En declaracións ao PAÍS, Ajenjo sinalou: “Sonorama Ribeira é o festival da múseca e a liberdade. Nun país onde as cousas comezan a complicarse por todo. Pérdense os valores e a educación. O xesto de Eva resume perfectamente o que o Sonorama fai: ser un festival de múseca e, por tanto, de liberdade. Lóitase pola igualdade e a tolerancia”. Ajenjo reconhecía que non sabía o que Eva Amaral ía facer e decatouse porque llo dixeron mentres estaba a atender as súas labouras. “O mellor é que cando mo dixeron, pensei: ‘Paréceme estupendo’. Veu coma un aceno normal e non provocativo. Iso é que o debería ser”, asegurou.

Con iste aceno, a cantante non só estaba a reivindicar “a dignidade” das mulleres, senón tamén denunciando e traendo á memoria episodios coma o que viviu a cantante Rocío Saiz. En xunho, nun dos concertos do Orgullo de Murcia, un policía obrigouna a parar a súa atuación despois de que a artista quitásese a camisola e ficase tamén a peito espido pra interpretar a canción Coma eu ámote. Emocionada, Saiz adicou unha efusiva mensaxe a Amaral nas redes sociais: “Non só é a mellor voz deste país, é líder, irmá, chámana e companheira. Non me quedan bágoas. Grazas”.

A cantante Zahara, pola súa banda, sufriu fai dous vraos a censura do cartaz do seu último disco, “Puta”, que foi retirado da promoción dun concerto en Toledo por presións de grupos ultracatólicos, que consideraban que aldraxabade maneira extrema á Virxe ao aparecer vestida como ila na imaxe. O resto das artistas citadas por Amaral son visibeis defensoras da nudez da muller e o feminismo.

O dúo Amaral puxo así o prendedor de ouro ao Sonorama Ribeira, nun concerto no que repasaron durante dúas horas os seus 25 anos de traxectoria, durante os cales convertéronse en referente pra posteriores xeracións. Soaron cancións clásicas da súa discografía, coma: Coma falar, Sen ti non son nada, Necesítote, Días de vrao, Marta, Sebas, Guille e os demais, Cara ao salvaxe e Toda a noite na rúa. Tamén cantaron Saír correndo, unha composición que Eva Amaral escribiu en 2002 pra denunciar os malos tratos ás mulleres.

 

COMENTA FRANK ASTRO.

Pois non, tí non sacarías o rabo porque nin tes pelotas pra amosar o teu microídem, nin es unha persoa reivindicativa nin preocupada por quen ten menos dereitos, ou pola censura da ultradereita, neste caso ( e en máis), en Aragón. Sempre pensei que Amaral ( de quen non intereso musicalmente nin o mínimo) era unha persoa auténtica e de verdade. Ós teus pes, Eva!! https://www.publico.es/tremending/2023/08/14/la-reflexion-que-deja-desnudos-a-los-ofendiditos-por-los-pechos-de-eva-amaral/?utm_medium=social&utm_campaign=Publico&utm_source=Facebook&fbclid=IwAR3EtT5NRIqVruEsVW3iZmueoPAheR9DhJrU3TWwdb-F1QO8JV9t-CyXoCI#Echobox=1692012222

A reflexión que deixa espidos aos ‘ofendidiños’ polos peitos de Eva Amaral

Eva Amaral cantou sen camisola durante o seu concerto o pasado sábado no Sonorama Ribeira. Un aceno ollado antes (en non poucas ocasións) noutros cantantes, coma Leiva, ou bandas ao Red Hot Chili Peppers, que de cando en cando ocuparon portadas de xornais por iso. Con todo, nesta ocasión quen se quitou o top e deixou os seus peitos ao ar foi unha muller. E, para sorpresa de poucos, xerou unha gran onda de ofendidiños.

“Se non facía falta facelo; por que tanto balbordo? A quen podería molestar se son dous peitos?”, perguntouse José Luís Sastre na Cadea Ser. Xunto ao xornalista, decenas de usuarios reflexionaron en Twitter sobor a necesidade de levar a cabo istas accións que, polo contexto reaccionario e profundamente machista atual, convértense en atos reivindicativos.

E é que, tal e coma lembrou Xastre, aínda hoxe en día séguense censurando mamilas femininas froito da hipersexualización dos corpos das mulleres, prodúcense chacotas cando a unha muller márcanselle as súas mamilas e mesmo se non leva suxeitador. Un exame constante e violento que baixo ningún concepto se comete cara aos homes.

Tamén se censuran filmes porque aparecen dúas mulleres bicándose, concertos e sácanse obras dos programas polo seu carácter “indecente”.

Por iso, fronte a aquilas comentas que puxeron en dúbida a Amaral, o feminismo e as súas reivindicacións, o tiemeline encheuse de mensaxes de apoio cara a iste xesto simbólico.

 

 

 

 

 

 

A cantante Eva Amaral atúa nun dos escenarios do Festival Sonorama 2023, iste sábado na localidade burgalesa de Aranda do Douro. EFE/Paco Santamaría.

VIDEO CLIPE JOSÉ LUÍS SASTRE (CADEA SER).

https://www.publico.es/tremending/2023/08/14/la-reflexion-que-deja-desnudos-a-los-ofendiditos-por-los-pechos-de-eva-amaral/?utm_medium=social&utm_campaign=Publico&utm_source=Facebook&fbclid=IwAR0F6cydS1MWzZp4rcqmyKyVIzo-awT4CXfKC8a5-hoQbYH2t8usQwCgiGA#Echobox=1692012222

FOTO CABECEIRA POR EFE/Paco Santamaría.

FOTOS ADENTROS POR PACO SANTAMARÍA (EFE)

Vídeo clipe: EPV