Treixadura – Se chove.mov
Tema gravado en directo en Cambados
-
Integrantes del grupoAlberte Raposo, Tenor
Álvaro de Lamas, Baixo
Antón Cabaleiro, Barítono
Antón Fontenla, Tenor
Antón López, Percusión… Ver más -
Ciudad de origenCambados
-
Sello discográficoPAI Música
-
Descripción breveContratación – Antón Rodríguez
Tfnos (0034) 986 337069 / Mób. (0034) 678578013
www.treixadura.com -
Descripción larga
-
BiografíaTREIXADURA GAITEIROS é música tradicional, ritmos, cantigas e
instrumentos galegos, que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando música de seu.A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas
incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de
perto de dúas décadas de música galega• 1990. XULLO
Catro gaiteiros comezan unha nova andaina musical no muíño vello de
Redondela, á beira do río Alvedosa: Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e
Xabier Martínez.• 1991.
Ramón Vázquez, O Chilro, súmase á idea, e comeza a perfilarse un estilo
propio, fundindo voces, gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos, cun obxectivo: manter as melodías coas que os nosos gaiteiros animaron festas e romarías dende sempre.• 1992. 30 DE XUÑO.
Primeiro concerto de Treixadura, no muíño vello de Redondela. Dende entón, o grupo foi actuando en diferentes vilas e cidades de Galiza e España.• 1995.
Paulo Nogueira substitúe a Xabier Martínez.• 1996.
TREIXADURA entra no mercado discográfico cun CD titulado “Obrigado”• 1998.
Ramón Vázquez abandona o grupo para dedicarse profesionalmente á
construción de gaitas e instrumentos de percusión galega. Substitúeo César Longa, co que o acordeón entra en Treixadura Gaiteiros.• 1999.
A presentación do segundo disco, “Unha Noite No Muíño”, pretende iniciar
una serie de catro discos que levarán por título cada un dos versos dunha
cuadra moi popular en Galiza. TREIXADURA leva entón a súa música ás
principais vilas e cidades de Galiza e ao estranxeiro.• 2000.
TREIXADURA colabora con Rodrigo Romaní en “Albeida”, primeiro disco do
que fora membro de Milladoiro, e acompáñao durante ese ano na xira de
presentación.• 2001.
A idea de fundir o bo gusto de Romaní co repertorio que Treixadura estaba a preparar, deu lugar ao terceiro traballo discográfico do grupo, “Unha Noite non é Nada”. Este disco é o xérmolo do Orfeón Treixadura.• 2004.
Nace Son de Aquí, un espectáculo galego completo que enche as festas de
música, danza, títeres, e conta contos; Treixadura, Leilía, Orfeón Treixadura, Tanxarina e Quico Cadaval levan o seu proxecto por toda Galiza durante os anos 2004 e 2005.• 2005.
Treixadura participa no primeiro traballo discográfico de Donicelas, “Que nunca foi abalada”.• 2006.
A idea de recuperar a música popular cantada dá orixe á terceira entrega da copla popular cun novo disco, “Unha semaniña enteira”, no que o Orfeón Treixadura participa de cheo.• 2008.
Xan López deixa Treixadura, e é substituído por Magoia Bodega. Queda así establecida a formación actual: Antón López, César Longa, Magoia Bodega, Paulo Nogueira e Xaquín Xesteira.TREIXADURA GAITEIROS é, hoxe, un espectáculo musical que envolve ao público en sons e imaxes ante os que este non deixa de sorprenderse: gaitas, percusión, acordeón e voces executan valses, muiñeiras, foliadas, pasodobres e demais ritmos da nosa tradición, debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis popular como na festa ou
evento máis urbano.ORFEÓN TREIXADURA:
A necesidade de incluír un coro de voces masculinas no tema “A chula de
Pontevedra” no anterior disco deu orixe ao ORFEÓN TREIXADURA.
Decidimos xuntar para esa ocasión unha serie de compañeiros que, coma nós, gustaban e gozaban do canto… e dispoñían de boas voces. Este orfeón acompañounos en parte dos concertos de presentación de “Unha noite non é nada”.Aquela iniciativa circunstancial amosounos unha chea de posibilidades
musicais e de repertorio que TREIXADURA non podería asumir sen eles. O ORFEÓN TREIXADURA está formado por dez persoas que proveñen de
propostas musicais variadas, e que teñen en común o gusto e o respeto pola música tradicional, motivo dabondo para que hoxe representen e dignifiquen coma ninguén este novo proxecto, “Unha semaniña enteira”DISCOGRAFÍA
– “Obrigado”. Discmedi, 1996
Homenaxe de TREIXADURA aos gaiteiros que lles precederon, coa
incorporación de cantigas cantadas e a colaboración do grupo DONICELAS, de Salceda de Caselas.– “Unha noite no muíño”. Ed. Do Cumio, 1999
Aquí comeza a copla popular que deu orixe tamén aos dous discos seguintes.
A incorporación do acordeón e a maior presenza da voz, son dous elementos fundamentais no novo son do grupo, que segue a recrear os ritmos máis populares da nosa música.– “Unha noite non é nada”. Ed. Do Cumio, 2003
Segundo verso da copla popular que continúa a tendencia do disco anterior: repertorio aprendido de gaiteiros e coros, cantigas populares e composicións propias que non se afastan do sabor tradicional. Neste momento nace o ORFEÓN TREIXADURA, que engade ao estilo de TREIXADURA a forza das súas voces.– “Unha semaniña enteira”. Pai Música, 2006
O ORFEÓN TREIXADURA acada aquí protagonismo para transmitir o pouso
que o canto popular foi deitando na música galega. Dez voces que ofrecen un emocionante recital de canto enxebre, nacido de novo do saber popular e mesturado con composicións propias.Na actualidade decididos a completar a copla, “UNHA SEMANIÑA ENTEIRA” é un traballo compartido co ORFEÓN TREIXADURA, onde o repertorio vocal cobra especial importancia.
A música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos, as cantigas populares que arrouparon á gaita no século pasado, as melodías de gaita que máis prenden en nós e as novas cantigas que TREIXADURA “peneira no seu tremiñado” configuran o repertorio desta nova entrega discográfica.
Todo isto e algunha sorpresa máis, é o que se pode atopar en “UNHA SEMANIÑA ENTEIRA”.COLABORACIÓNS-“Albeida”. Do Fol, 2000 Froito da amizade con Rodrigo Romaní, TREIXADURA participou en Albeida, o seu primeiro disco en solitario, así coma na súa xira de presentación.
– Son de Aquí. Autoprodución sen edición, 2000 Xunto con LEILÍA, TANXARINA e QUICO CADAVAL, este espectáculo aglutinou algunhas das máis interesantes manifestacións populares da nosa cultura: música, contos tradicionais, baile, teatro…
– “Que nunca foi abalada”. Edisco, 2005 Correspondendo ao apoio que TREIXADURA sempre recibiu das DONICELAS (Salceda de Caselas), participamos no seu primeiro traballo, Que nunca foi abalada, no que a produción artística correu a cargo de César Longa, o noso acordeonista.
-
Ubicación actualCambados
-
Sitio web
-
Contacto de prensa678578013 – correo@treixadura.com
-
RepresentanteApdo. Correos 8 / 36400 (O Porriño), Pontevedra, España