Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Mulleres Galegas Kañeras é un proxecto capitaneado por Patty Castro (John Deeres, Nao, …) que busca visibilizar a presenza feminina na música galega, nomeadamente en estilos como o rock, o punk ou o metal onde non son tan numerosas como no mundo folk e tradicional. O proxecto leva xa máis de 5 anos a funcionar, desde que sacara un crowfounding para gravar 2 temas orixinais con 30 mulleres do mundo musical galego. E nos últimos tempos ten traballado moitoi ao carón doutros proxectos como o Músicas Galegas Ilustradas de Laura Romero. Agora nós estreamos colaboración con elas, as kañeiras e ilustradas mulleres que seguen a pular por destacar a presenza e as vivenzas das mulleres na música do país. Ao longo dos vindeiros meses iremos entrevistando moitas destas mulleres galegas kañeiras para saber das súas experiencias no mundo da música. Da man da sabedoría de Patty e as ilustracións de Laura coñeceremos máis delas. E a primeira é Paulinha, a cantautora cambadesa que apresenta novo disco mañá, domingo 1 de marzo de 2020, na súa vila natal.

 

As músicas dos vinte – Pauliña.

Serie documental de cinco episodios na que se mostra a nova creación musical galega, os novos grupos musicais e estilos. Música electrónica, fusión do tradicional, reagge son algúns dos estilos representados nesta serie de novos creadores. E os grupos que amosan os seus traballos son Grande Amore, High Paw, Laura Lamontagne & Picoamperio, Pauliña e Celtia Irevire. Cada programa inclúe unha entrevista e unha actuación en acústico nun espazo singular da contorna relacionada cos músicos.