Hoxe fai un mes que lanzamos o disco “Mientras dura el aplauso”. É un orgullo ter deixado para a Historia da música galega e máis alá este fermoso obxecto.
Terás un delicioso almorzo se les a entrevista que onte publicaba Praza Pública . Silvia Penide falou moi ben. E preguntaron con tino.
Iso si, sería perfecto se tiveses unha copia do vinilo branco e a puxeses simultáneamente no teu xiradiscos.
Cóntoche onde o atopas:
Escridiscos (Madrid)
Psicodelia (A Coruña)
Trisquel Artesanía (Compostela)
Discos Pick Up (Vigo)
Melandrainas (Arteixo)
Perruquería Manuel Campos (Arteixo)
E podes pedilo en silviapenide.com para que te chegue a casa directamente.
Tamén, se o queres asinado, escribe a info@silviapenide.com e o recolles en Doré Cafés Y Tés
E mañá, dende as 13:30 no posto de merchandising oficial do Festival de la Luz Actúa alí ás 15:15
Fixemos 250 copias numeradas a man. Non vai haber máis. E xa levamos un bo feixe vendido.
#Tomirecomenda #Ailusioneoqueimporta (e vaia temazo o novo “El colchón y el diván” do que se fala na entrevista. Producida e arranxada por Paul Álvarez ).
FOTO CABECEIRA POR: