Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Escribir historias cheas de beleza, ideais e paixón. Escribir historias que atrapan e que conmoven desde a primeira á última páxina. Escribir a historia desde o noso lado, para contar a dor, o amor e a épica das que perderon tanto. Narrar como unha fervenza ou como o mar batendo arrebatado nas pedras, con esa vehemencia, con esa elegancia e con ese magnetismo cautivador. Facer da literatura e da vida un todo inseparábel atravesado de decencia, de dignidade e de ética. Foi unha fermosa maneira de estar no mundo. E de seguir estando en nós. Grazas, Almudena.