• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

LUMINARIAS” é voltar o comezo, as orixes e a humildade de poder expresarse con unha pista, unha toma de voz e soltar ese rap que namorounos; expresarse sen tapuxos. Dar renda solta o ego, flows, frases e barras… Non deixar nada no tinteiro.
Moitas veces ese tipo de letras soían quedar atrás nos discos, pero nunca máis. Luminarias é un proxecto que non ten fin, un proxecto que chegará cada vez que o fénix teña que resurxir das súas cinzas.
Con este traballo, pretenden traer a pureza a orixe do rap galego; tanto lírica como musical ou visualmente. Luminarias é facer o que un quere, o que saia a nivel artístico, mentres a banda eta a traballar no novo disco. O concepto deste traballo non é máis que ser fieis a eles mesmos, omitindo o que fai o panorama, simplemente focalizando a enerxía no rap, na música que pecha bocas e traer o rap de volta a escea galega como sempre fixeron.

O  videoclip foi producido, gravado e editado por Alberto Lora de Galunk Producións.

O  videoclip xa está dispoñible en Youtube e tamén en todas as plataformas dixitais como  Spotify,  Amazon Music,  Deezer, Google Music,  Apple Music, Tidal… entre outras.

 

Rebeliom do Inframundo – LUMINARIAS I