• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

‘Loitando cos demos’ é o novo adianto do cuarto disco de Rebeliom do Inframundo, que se publica o próximo mes de febreiro. Para este tema contan coa colaboración da tamén artista viguesa Wöyza. ‘Loitando cos demos’ trata do proceso que cada persoa pasa para afrontar os medos. Fala de sentar xunto a eles nunha mesa para loitar con eles e non contra eles, unha alegoría sobre o traballo interior de cada persoa no cal a toma de decisións, a reflexión e o verse a un mesmo abre o camiño para poder crecer como persoas.

Wöyza é unha das artistas de hip-hop e soul máis destacadas de Galicia, ten colaborado con numerosos artistas galegos e tamén do resto do estado e agora sorpréndenos con este tema en colaboración cos seus amigos Rebeliom do Inframundo. A suma de ambos talentos dá como resultado un tema de gran forza expresiva, que xa antes de ser publicado creou gran expectación.

Letra : Nervo x @woyza
Instrumental : @malakkor
Gravado em Lume Sons
Misturado por @frankhuxley
Masterizado por @jayderpro
Videoclipe por @izanmg
Direción de arte e estilismo por @adrianaladof
Make up por @luanazzmua
Aux. producción Diego Fábregas

Reparto: Paula Fernández, Iván García & Luca Garabatos
Extras: Jorge Pazó, Diego Lorenzo, Naia Nunhez, Xián Taboas & Uru

Making off que son @xian.taboas @emcem__
Agradecementos Franciso Mínguez, Melanie López, Restaurante Xantana & @nukkaestudio

O de Rebeliom é un dos traballos máis esperados do 2023, despois do éxito acadado con ‘Ilegal’ publicado no 2019 e co que estiveron xirando ata outubro deste 2022 cun fin de xira por todo o alto no Murallón de Son en Bandeira e tras conseguir, pouco despois, o Premio Martín Códax 2022 na categoría de músicas urbanas. O grupo das Rías Baixas formado por Nervo, Malvares de Moscoso e Frank como vocalistas, DJ Pol aos pratos e o produtor Movementss sobre os EFX no directo, volve disposto a sorprender cun traballo no que experimentan con novos sons e que están seguros será un punto de inflexión na súa carreira.

XIRA EN SALAS 2023

A banda xa te preparada la xira presentación do novo traballo en salas en primavera de 2023, estas son as primeiras datas e as entradas xa estan dispoñibles en https://entradium.com/
📍 BARCELONA / Paral·lel 62
🛎️ 18 Marzo 2023 – 21:30h
🍻 MPCrew & Elepuntorone 🏷

– 📍 VIGO / MasterClub
🛎️ 22 Abril 2023 – 21:30h
🍻 MPCrew + Convidados Especiais 🏷

– 📍 COMPOSTELA / Sala Malatesta
🛎️ 06 Maio 2023 – 21:30h
🍻 + Convidados Especiais 🏷

 

Spotify Rebeliom do Inframundo

SÍGUENOS EN REDES

Facebook
Instagram
YouTube