Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

FRANCISCO jORQUERA.

https://www.facebook.com/jorqueracaselas

(Foto cortesía de https://cidadedacorunha.bng.gal/)

PORTO DE A CORUÑA

PREME NA LIGAZÓN:

https://www.facebook.com/bngcongreso/videos/445804890337264 

20h 
⚓🎞O BNG nunca facilitará unha operación especulativa nos terreos do porto interior da Coruña.
«PSOE e UP terán que explicar por que non queren para Coruña o que aceptaron con Valencia condonando a débeda do seu porto.»
👥 Néstor Rego e Francisco Jorquera explícancho neste vídeo.
Néstor Rego.

DAVID SOTO VOLVE LIDERAR O ÓRGANO DE DIRECCIÓN

A militancia elixe o novo Consello Local, que volve estar liderado por David Soto.

 

 

 

 

 


Foto do novo Consello Local.
(https://cidadedacorunha.bng.gal/)
O salón de actos do CUR acolleu no serán deste mércores 16 a Asemblea Local do BNG que elixiu a nova dirección coruñesa, que volve estar liderada polo profesor de Dereito da UDC David Soto.

Unha nova dirección para os retos de futuro dun BNG que aspira a ser alternativa na nosa cidade, tal como xa o é no conxunto da Galiza.  Iso foi o que elixiu onte a nosa militancia, a completar así o proceso de renovación de órganos derivado da XVII Asemblea Nacional.

Incorpóranse ao órgano executivo da localidade a responsábel do grupo de barrio de Monte Alto e funcionaria da Consellaría de Sanidade Ana Míguez, o militante de Galiza Nova, veciño da Agra do Orzán e enxeñeiro Vítor Anidos, e o informático e tamén veciño da Agra do Orzán Isidro Daviña, ben como Antía Insua Lema, veciña do Barrio das Flores, ex concelleira do BNG en Corcubión, militante de Galiza Nova e profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral).

Por petición propia, e após ser parabenizados polo seu traballo, deixan o órgano de dirección as compañeiras María Xosé Bravo, presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Raquel Olveira, ex presidenta da Asociación Veciñal de Monte Alto e traballadora do sector da Alimentación, e Iolanda Naia, comerciante e impulsora da asociación de comerciantes A Transversal. ben como igualmente o compañeiro Manuel Francisco Méndez, sociólogo e ex presidente da Asociación Veciñal Novo Mesoiro e tamén durante varios anos responsábel local do BNG.

 

 

 

 

 

 

David Soto.

https://www.facebook.com/davidj.galiza

 

O novo Consello Local fica composto polas seguintes persoas:

1.-David Soto.

2.-Patricia Cordo.

3.-Francisco Jorquera.

4.-Avia Veira.

5.-Fran Rei.

6.-Mercedes Queixas.

7.-Vítor Anidos.

8.-Ana Míguez.

9.-Isidro Daviña.

10.-Antía Insua.

11.-Luís Busto.

12.-Isabel Risco.

13.-Anxo Sánchez.

14.-Carme Fiaño.

15.-Roi García.

Incorpórase como responsábel local de Galiza Nova Andrea Ramos.