Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Raíñas

https://www.facebook.com/profile.php?id=100063140954303

Moi boas!

son Patty Castro e son a vocalista e creadora do proxecto musical Raíñas.

Un proxecto que xurdiu en min cunha vocación clara, poder facer acústicos, pois na miña carreira como vocalista  sempre  tiven mais a posibilidade de facer música mais eléctrica  e con grupos.

Grazas a esto busquei a maneira de darlle forma a idea de facer un dúo que me permitira facer o que quería con guitarra e voz. Sacar adiante temas que fixeran referencia as grandes mulleres que en diferentes estilos se fixeron un oco nos corazóns da xente.

Cancións que saían do meu estilo normal, mais metalero.

Foi toda unha posibilidade que desfrutei enormemente, pois tanto con Ricardo Ferreira Musico como con Myr Silva tiven a os mellores compañeiros na guitarra que puiden atopar.

Por desgraza entre a pandemia, e a miña pandemia persoal, que foi o meu estado convaleciente de mais de un ano por problemas dixestivos tívome alonxada de Raíñas.

Puiden dar un concerto con cada un dos meus compañeiros, e fun arroupada por amigos e familiares que a verdade sexa dita,apoiaron este proxecto.

Naceu como algo divertido, liberador para mín pois permitíame explorar outros estilos, outras formas de cantar e xogar co feeback do público, para crear ese ambiente de cabaret que tanto me gusta.

Sensualidade, diversión e picardía nunha letras que cambiei e refixen para convertirlas en alegatos feministas de autodeterminación, para darlles a estas raíñas da canción o peso que se merecen.

A día de hoxe atópome con outros proxectos na cabeza e sen tempo nin ganas de polo de agora seguir tentado levar adiante este proxecto.

Asi que o dito familia, Raíñas polo de agora queda parado, a función pola que o creei foi mais que conseguida, síntome moi agradecida por o voso apoio, foi un pracer cantarvos!

Apertas e vémonos no camiño, se queredes tedes unha canle

na que podedes ver o material gravado en directo e estudio cos meus dous compañeiros, un pracer cantar con vós en galego os temas das grandes!!

https://www.youtube.com/…/UCysTdwfZpg5vsLiUi7jMkoA/videos