Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

babío

12 de Setembro ás 20:15

meirasfacha

 (O representante da Fundación Franco na Coruña.)
Este señor é o representante da Fundación Franco na Coruña. Un fascista que no pasado colaborou de maneira activa na represión contra demócratas nos anos do tardofranquismo. Agora é o guia do Pazo de Meirás (na foto, facendo de guia nun dia de visitas) e non se corta no seu exercizo de franquista.

Para él o mundo so pode ser fascista e expresao sen rubor – e sen que ninguén faga nada – a través da Fundación Franco (que non esquezamos, sigue a xestionar as visitas ao Pazo de Meirás).Segundo este individuo, tes que ser franquista. Todos temos que ser franquistas. E aqueles que non o sexan, so podens ser unha destas cousas:

desmemoriados, ingratos, acomplejados, traidores, eunucos, cambia chaquetas, cobardes derechoides, así como malvados, sectarios, llenos de odio, los seculares enemigos de España, instalados en la izquierda española más montaraz; ignorantes, desconocedores de buena fe, o a los que por su edad les contaron de forma miserable y mentirosa otra “película”.

O estado debe actuar xa en Meirás (e fora de Meirás). Non pode consentir nin un minutos mais Fundacións fascistas. Nin que a apoloxía do odio e do terror conviva coa democracia.

https://www.facebook.com/cr.babio