escacho

PAULO ESCACHO: mergullate no mundo de Paulo Escacho.

Publicado el 8 marzo, 2020 | Literatura

eschaco2

O escritor galaico- tarragoñés Xosé Duncan con Paulo Escacho.

En Vilariño

pode calquera de nós
ser a alma que vén do mar
das gaivotas
do agochado areeiro
e ser capaz
de sentir o boureo
os berros
de 1972
Ferrol
Vigo
Vilariño
revoltas contra o capitalismo
polo espazo común
a realidade da ribeira liberada
mancomunada
o rexurdir das marxes
do excentrismo
o compromiso
que rexeita o centro
o colonizado
o lodo cheirento
do ladrillo
do asfalto
do eucalipto
Medra agora a lagoa asolagada
pola herba da pampa
o bo facer dos pequechos
o presente amotinado
o desgaste desgastado
eles son o temporal
os refachos
os salseiros
as airexas
que levantan os istmos
a lagoa
as marxes

en Vilariño

non estamos derrotados
camiñamos pola memoria
de Merlín
cara a lagoa excéntrica
descolonizada
para sentirmos o fluír da auga
cara adiante
da terra que alumea os corazóns
e crea a Arte
sen cesar
da vida
dos teus iguais
da planta
do animal
que vén beber
de onde ti bebes
de onde ti es
onde ti es

es

unha fonte
unha marxe
canda outras marxes

no istmo
no excentrismo

en Vilariño

https://www.facebook.com/lobo.ouveador

(Foto portada por Indio & Mónika)

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *