TANIA1

PAIXÓN ENTRE ALMAS: por Tania Yáñez Castro, luns 10 de febreiro de 2020.

Publicado el 10 febrero, 2020 | Literatura

Rodea a miña persoa a mesma gana
as cores voltáronse cotiás
abúrreme o aire alugado pra miña fiestra
péchanseme os ollos cada tarde…

Non me fixo no novo verde…
Paréceme todo igual!
Asqueo o inverno…
Adorméceme e non me deixa voiar!

«Diario da desgana»
(Que non te minta, nada é real)

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Doenme as ás
de non saber coidalas,
sinto ardores no corazón
pola inxustiza da razón,
anhelo memorias
pra non ter recordos eu soa.

Viaxamos
distanciados por algún vagón
soportamos ben o abalo
pois seguimos a mesma dirección.

Isto ocurríu.
O suco xa non ten cosedura
coa cordura non comezamos,
a discordia será a nosa unión.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Un paso adiante e outro atrás
a tela dos soños abanicándose
cos teus ollos cheos de escinteleos
e o ruxir ao lonxe do vaivén.

O lume virulento inhalando
herba seca e palla mala
co camiño afeito a tantas pedras
pasan os meus endurecidos doces pés.

Vaise enterrando suco a suco
un paso adiante e outro atrás
a sombra do penedo da miña escada
e achégase a gloria inmortal.

Hai cheiros inconfundibles,
voltas a espazos dourados
con mimo bañaste nun pequeno lago
co presaxio da próxima esperanza.

Un paso adiante e outro atrás…

Foto: Carmen Castro Santos
#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

As veces sinto cargadas faíscas
búrlanse tolos pensamentos
na noite tropezo con cascudas
desorientome ante o desequilibrio
suores a quilos que me dán frío
críspome ante os meus demos
cuspe envelenada a chorros e ficticia…
pero que morea de tolemias amadas!?!?

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Que repugnante costume
o desequilibrio do benestar
o inconformismo surrealista
a idealización sen castración.

O veleno que pide comer
a fame do estómago valeiro
o petróleo nublando a visión real
o aturdimento da respiración vital.

Mais todo hábito transfórmase!
Morto o bicho da mala costume
a cabeza…descansa aireada.
E agora…en tres, dous, un!
( Sorrío.
Nadando ou voiando pero sempre na dirección da alma.)

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Volta o temporal
chove, azouta o vento
pedruscos de sarabia
frío aterrador
noite pecha ante o temor.

Nacín pra o inverno
escúdome ante un chaparrón
pois a brava auga en min
escorrega coma un río vencedor.

Borrascas que nubran
mais co cheiro voltámonos atopar.
Non se pode fuxir da natureza,
o mesmo regadío…
calma a nosa sede amor.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Cavilar…
Xaxunar…
Agardar…
Pasear por un lago mudo
percorrer pedras mestizas,
beber gota a gota dun regato.

Cavilar…
Xaxunar…
Agardar…
Respirar baixando entre cantís
o asperxo humedecendo a gorxa
e sentir a liberdade fresca.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Reivindico a duzura
espallo o amor universal
sacudo doces de gargalladas
amoso vagalumes extraviados
admiro espíritos en paz
esparexo silencios caladiños
escoito cánticos de follas novas.

Adórote…
Terra agradecida.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Lidar coas intrincadas velutinas
cando eres unha nobre abella
que complexo parece facerse o día.

Mais a raíña de todas
dirixe o barco ante toda tempestade
ensina a calma na sinxela labor
e con duzura saboreámonos nun almorzo.

Voar coas ás ben abertas
co zumbido vives o cativo temporal
navegas no harmónico hábitat
e voltas a casa coa estómago cheo de calor.

#TaniaYáñezCastro#

Entro pola terraza
irrompo tódalas cristaleiras
perdo o vértigo
e despídome do chan máis árido.

As prantas piden auga
e esquezo de pechar tódolas billas.
En nada comezo a mergullarme
e alimento as margaridas do meu xardín.

Abro tódalas portas
e esquezo de sentir os ferrollos.
Estrelas flotan na miña cabeza
e os raios xogan nos meus cadrís.

O veciño alporízase con tanto descontrol
despexo a entrada e invitoo a un café.
Impregnado todo de pura maxia!
E colorín colorado…
este conto non se dá rematado.

#TaniaYáñezCastro#

Síntome envestida polo universo
rodeada de estrelas curmás
regatos de maxia
invaden o meu corazón
no peto gardo o pó
a pócima de todo soño
a valentía de crer
a esperanza do que non se ve.

Aínda así almorzo co padal
como sólido e a poucos
pois sei que pra gozar
hai que recoñecer cativos sabores.

Baixo a diario a terra
préñome da natureza
e volto con entereza ao presente.

(O meu cerebro está reprogramándose😏
Somos máis do que pensamos)

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Que teima ir en triciclo
sen contemplar as fermosas xestas
saltar pra poder atallar
ou xirar o pescozo e non ver.

Amainar os desconsiderados petardazos,
tomar a menciña diaria,
a cura dun espíritu desorientado…
a poesía.

Contemplo a palla dun vello niño
palpo unha man enrugada
sinto o fume desvanecéndose dun futuro incerto
e sorrío a culleradas que estou aquí.

Que teima!
Querer apurar en vez de camiñar!
Pasear polo fresco resío de outono
probar a bocados a única respiración…

Grazas poesía.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Barco pirata
que interrompes a costa
atopácheste con humildes paisanos
que che ondearon a vela.

Medo en cada ráfaga de vento
calafríos nas bravas tempestades
esperanzas medio enterradas
pero coa terra chea de novas sementes.

Atrapado na deriva
coas botas afogadas de auga salgada
co verde pinar naceron novas miradas
e un novo patrón disposto pola nosa Terra.

Os mariñeiros e amigos da aldea
novo rumbo determinaron.
Ao mar cos esqueletos valeiros!
Carne abonou a boca dos peixes irados
e que limpo quedou o mar sobre a terra.

#TaniaYáñezCastro#
Foto: Juan Blanco

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Peste rabuñada
escura pola maldade
afogas sen aire,
noxenta que tan só malvives.

Augas fecais
podres esparexidas
que non dades máis que mal cheiro
perdédevos lonxe da nosa Terra.

Un pesadelo áspero
invadíume nun día sen luz
pilloume coas estrelas arrefriadas
e co aire en pleno voo.

Co cesto valeiro
na búsqueda me puxen
morodos, castañas, noces e abelás
cun chisco de mel doce
marmelada fresca en plena mañá.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Viaxo co posto
pra que non tenten levarme
vivo co xusto
pra non por en falta o que non teño
son pobre
pois ouro en min non reluce
levo o estómago livián
non quero que a indixestión me pese
luzo o esaxerado
posto que as cores son ledas onde vou
trafico coa humildade
que mellor que a cunca de caldo de antonte
xogo a ser xenerosa
nunca se sabe quen o vai precisar
rego de auga os toxos
sempre me gustaron as amarelas chorimas
e se as silvas me rabuñan…
que carallo!
Onde brota sangue é porque sego viva.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Rego de palabras
bocetos debuxados
imaxinación atopada
rimas en cada melodía
pura luz,
a poesía.

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Rescatei unha bágoa tua
gardada está entre dous ríos
non quero que canda a seca
se asusten os teus fermosos ollos
e corra entre un suco..
de auga esfumada.

( Hai bágoas que relucen e outras morren na escuridade)

Foto: Juan Blanco
#TaniaYáñezCastro#

Quen me dera…
amantarte nos días sen alento
prepararte as sopas de antonte
bicarte cada mañá
rumorearche ao oído segredos plantados
empurrarte docemente pra que saias a voiar
e berrarche aos catro ventos…
que ti es que tes a pócima nás túas mans!

Os días escuros atérrante
as contras abertas acenden a túa desesperación
as pegas teimudas danche frío
as follas secas crispan a túa magoa
e o barullo do vento faiche pensar.

Non te das de conta,
por que non contas cara atrás?
Que un máis un non son dous
que o corazón non remata nun pico
e o que ves…esquecíu o real!

Foto: Juan Blanco
#TaniaYáñezCastro#

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *