• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Bo día,

Co gallo do 19º aniversario do inicio das súas emisións

​ (foi un 27 de marzo de 1996)​

 a radio comunitaria da Coruña CUAC FM, comprácese en informa​r
 do seu programa de actos

​ abertos á cidadanía:

Xoves 26: 
 
De 17 a 19 horas: Xornada de portas abertas na emisora. Poden visitarnos ointes, familiares, rapaces… Recomendamos comunicalo previamente a comunicacion@cuacfm.org para organizar un pouco as visitas. 

​Aquí ​pode verse onde está a emisora dentro do Campus Universitario da Zapateira:
 
Venres 27: 
 
De 20 a 21 horas. Acto de inauguración do novo espazo de Cuac F

​​

M nas instalacións da A.C Alexandre Bóveda. Rua Olmos 16.18 1º. Celebrarase un pequeno acto con Diego de la Vega como Mestre de Cerimonias

​ e a participación activa dos asistentes.​
 
De 23 a 00:30 Concerto d

​a banda de música pop​

 Diario de Verano

​, presentación do seu primeiro EP,​

 co noso compañeiro Iago Gordillo no esceario

​. Sala Mardi Gras. Entrada 5 euros anticipada, 6 en taquilla.​

 

 
De 00:30 a 2:30 Radiocassette Djs

​ (compañeiros do programa musical do mesmo nome​)

 en Mardi Gras.

 
Nestes 19 anos pasaron polos micrófonos de Cuac FM 430 programas feitos por persoas do común, o que convirte á radio coruñesa nun referente nos proxectos de comunicación comunitaria en España.

​ De feito a sua implantación na sociedade coruñesa fai que agora mesmo entidades como Padre Rubinos, Alexandre Bóveda ou Proxecto Cárcere, ademáis de proxectos como a web Vivir na Coruña atopen a sua extensión natural facendo un programa na emisora.
 
A asociación cultural propietaria da emisora continúa involucrada en diversos proxectos culturais xa que non todo é radio en CUAC FM. Nuns meses celebraremos o 20º Aniversario da asociación Colectivo de Universitarios Activos.​