29342675_10156439450738338_3875206930682877110_n

MONOGRÁFICO EMPUJE.NET: ANA MIRANDA, A VOZ DA GALIZA NA EUROPA. MULLERES DO BNG VOL.I

Publicado el 21 junio, 2018 | Crónicas, Prensa

miranda2

Eurodeputada do BNG.
Coordinadora Área Relacións Internacionais da Executiva do BNG
@anamirandapaz

Ana Miranda.

https://www.facebook.com/anamirandapaz

Datos persoais
Nacemento 2 de maio de 1971 (47 anos)
Cuntis
Partido Bloque Nacionalista Galego
Profesión Política e xurista

 

35628511_263477940887385_1134372185100517376_o

(Foto por Xavier Campos)

VERBAS DE XAVIER CAMPOS (https://www.facebook.com/sinheira) :

Escoito falar de “la primera secretaria general de un partido”. No BNG – Bloque Nacionalista Galego a nosa portavoz é Ana Pontón, a coordinadora da Executiva Nacional é Goretti Sanmartín Rei e nos Parlamentos, as voceiras Ana Miranda e Olalla Rodil. Na Executiva, 11 mulleres e 9 homes. No Parlamento Galego, 4 mulleres e 2 homes. #FeminizaciónDaPolítica #Feitos#PredicarCoExemplo.

Cedo máis mulleres do BNG.

33367568_10156625619168338_7437532679651721216_n

Ana María Miranda Paz, nada en Cuntis o 2 de maio de 1971 e asentada en Vigo, é unha política nacionalista galega. Foi deputada do BNG no Parlamento Europeo desde o 1 de xaneiro de 2012 até o 9 de xullo de 2013[1]. Formou parte do grupo parlamentario Alianza Libre Europea – Os Verdes[1]. Volverá a ser eurodeputada no 2018 e o 2019 ocupando o escano rotatorio que acadou a coalición Os Pobos Deciden nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano 2014[2].

Traxectoria académica

A eurodiputada nacionalista galega é xurista experta en dereito comunitario e posúe unha longa experiencia no Parlamento Europeo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na de Passau (Alemaña) e especializouse en Dereito Europeo nas universidades da Coruña e Louvain-la-Neuve, realizando o “DES en Droit Européen et International”, onde financiou os seus estudos como “au pair” entre 1997 e 1998. Entre 1998 e 1999 obtivo as bolsas “Leonardo” para realizar prácticas nunha consultora en Bruxelas e a bolsa de prácticas no Consello da Unión Europea nas áreas de política rexional e social. Políglota, é autora de numerosos artigos sobre dereitos humanos, relacións internacionais, migracións e asuntos europeos. Foi coordinadora dos monográficos sobre a Galiza global que se publicaron conxuntamente coa revista ReNova Galiza.

31408098_10156557844983338_1397233889532493783_n

VERBAS DE ANA MIRANDA:

Alá onde vaia, aparece ela :). Coma un destino!

Actividade política.

Na lexislatura europea 1999-2004 na que o BNG obtivo por primeira vez na historia un escano no Parlamento Europeo, foi asistente parlamentaria do eurodeputado Camilo Nogueira, exercendo a función de Responsábel Técnica da oficina parlamentaria. Desde 2003 ata 2007 exerceu responsabilidades orgánicas no BNG como Vicerresponsable de Emigración e coordinadora desta formación política para Europa e América Latina. Na lexislatura europea 2004 – 2009 representou ao BNG na coalición “Galeuscat” en Bruxelas, exercendo de asistente parlamentaria do deputado vasco Josu Ortuondo. A partir de 2005 foi a responsable da Comisión Nacional de Emigración do BNG. Desde 2007 ata a actualidade é unha das vicepresidentas do partido político Alianza Libre Europea (ALE)[3]

Candidata cabeza de lista polo BNG e segunda na lista Europa dos Pobos – Verdes nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano 2009, representou ao BNG no marco desa coalición na oficina do eurodeputado Oriol Junqueras. Logo da renuncia de Junqueras, feita en base ao acordo de coalición, o 21 de decembro de 2011 prometeu acatamento á constitución española por imperativo legal comprometéndose a ‘defender os intereses de Galiza no Parlamento Europeo’ diante da Xunta Electoral Central, en Madrid.[4]

Eurodeputada

Ana Miranda, centro, con Xavier Vence, esquerda, e Camilo Nogueira, dereita, nunha protesta no 2014.

Desde o 1 de xaneiro de 2012, e coincidindo co troco de presidencia a mediados da sétima lexislatura no Parlamento Europeo, Ana Miranda encetou o seu escano o 16 de xaneiro de 2012 en Estrasburgo, coa súa proclamación no pleno. As súas prioridades foron a participación da negociación dos fondos europeos 2014-2020, o sector naval, o sector agropecuario e o resto de actividades dos denominados sectores produtivos[5]. Permaneceu no escano até o 9 de xullo de 2013[1].

Nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano 2014, representou ao BNG na coalición Os Pobos Deciden. O deputado acadado nas eleccións pola coalición ten carácter rotatorio, é está previsto que Ana Miranda o ocupe desde o ano 2018 até o remate da actual lexislatura no ano 2019[2].

31936493_10156568956293338_2308612490025500672_o

Ana MIRANDA

    • Ana
      MIRANDA
    • Grupo de los Verdes/Alianza Libre Europea

Miembro

    • EspañaBloque Nacionalista Galego

Fecha de nacimiento: 2 de mayo de 1971, Cuntis

Miembro

  • PETIComisión de Peticiones
  • D-USDelegación para las Relaciones con los Estados Unidos

Suplente

  • ECONComisión de Asuntos Económicos y Monetarios
  • PECHComisión de Pesca
  • JURIComisión de Asuntos Jurídicos
  • LIBEComisión de Libertades Civiles, Justicia y Asuntos de Interior
  • D-TRDelegación en la Comisión Parlamentaria Mixta UE-Turquía
  • DMERDelegación para las Relaciones con Mercosur
  • DMEDDelegación en la Asamblea Parlamentaria de la Unión por el Mediterráneo
  • DLATDelegación en la Asamblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana

30715825_10156522457938338_7227017960531369253_n

ANA PONTÓN E ANA MIRANDA.

Últimas actividades

Lucha contra la corrupción (debate)

14-06-2018

P8_CRE-PROV(2018)06-14(3)

Lucha contra la corrupción (debate) (2)

14-06-2018

P8_CRE-PROV(2018)06-14(3)

Propuesta de resolución común sobre la situación de los refugiados rohinyás, en particular el sufrimiento de los niños

13-06-2018

RC-B8-0292/2018

30712170_10156520459968338_2317713012449251475_n

Isabel Risco e O Carrabouxo:

“Se o Bloque está, Galiza está!”

(Ménción a eurodiputada Ana Miranda.)

 

 

Contactos

Bruxelles

  • Parlement européen
    Bât. Altiero Spinelli
    04F146
    60, rue Wiertz / Wiertzstraat 60
    B-1047 Bruxelles/Brussel

Strasbourg

  • Parlement européen
    Bât. Louise Weiss
    T05151
    1, avenue du Président Robert Schuman
    CS 91024
    F-67070 Strasbourg Cedex

19905029_10156478204438338_7374454724613017760_n

ENTREVISTA ANA MIRADA CORTESÍA DE:

http://www.galiciahoxe.com

Ana Miranda, do BNG, promete o cargo de eurodeputada por imperativo legal

Ocupa o escano rotatorio que até agora ostentaba Junqueras, de ERC

 MADRID/SANTIAGO. EP  | 21.12.2011

A nova eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Miranda, prometeu este mércores o seu novo cargo ante a Xunta Electoral Central (JEC), que ten a súa sede no Congreso. Miranda realizou este trámite en castelán e en galego, usando a fórmula “por imperativo legal”, e comprometéndose expresamente a “defender a Galicia no Parlamento Europeo”. Tamén adiantou o seu compromiso de viaxar en clase turista.

A representante do BNG na Eurocámara substitúe a Oriol Junqueras, de ERC, cumprindo así o acordo que selaron os partidos integrantes da coalición Europa dos Pobos-Verdes, de rotar no escano que lograron nas eleccións europeas de 2009.

Junqueras ocupou o seu posto na Eurocámara desde eses comicios e agora farao Miranda durante 16 meses, até maio de 2013. O número tres da lista, ao que corresponde acceder ao escano tras a nacionalista galega foi Iñaki Irazabalbeitia, de Aralar, formación actualmente integrada en Amaiur.

Miranda poderá facer uso das dependencias do Parlamento Europeo a partir do 1 de xaneiro, pero non perfeccionará a súa condición de eurodeputada até o día 16 dese mes, nunha sesión plenaria que terá lugar na sede de Estrasburgo.

Como o seu antecesor, integrarase no grupo da Verdes-Alianza Libre europea e formará parte das comisións de Agricultura, Pesca e Política Rexional, na que se debate o futuro dos fondos estruturais.

DEFENSA DOS INTERESES GALEGOS

A nova eurodeputada coa que os nacionalistas galegos volven estar representados en Europa, garantiu que accede ao cargo para defender “con ilusión e responsabilidade” a agricultura e os sectores pesqueiro e naval, moi afectados pola crise económica.

“Defenderemos os intereses desa Galicia produtiva na Eurocámara e farémolo directamente, sen pontes”, comentou, á vez que asegurou que “a volta do BNG ao escano” no Parlamento Europeo é unha garantía de que “a sociedade e os sectores produtivos galegos van ser defendidos desde o primeiro día”.

Aínda que se centrará na defensa dos temas galegos, Miranda tamén debaterá iniciativas expostas polos seus compañeiros de coalición. De feito, destacou que durante o tempo que Junqueras ocupou o escano, o BNG tramitou un total de 212 iniciativas na Eurocámara, superando incluso as 184 que, segundo dixo, presentaron os eurodeputados españois do PP.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *